Opinión

Fascistas da linguaxe

Todos sabemos como as gastaban na posguerra española algúns falanxistas cando escoitaban falar en galego á xente que usaba o noso idioma a cotío. Mais de un levou unhas labazadas baixo a voz altisonante de ‘Habla la lengua del Imperio, palurdo’, e outras lindezas ameazantes.


Pois ben, agora resulta que setenta anos despois algúns dos chamados ‘demócratas’ que loitaron, din eles, contra o franquismo impoñen a mesma canción pero ao revés. O tripartito catalán está a impoñer multas de categoría a aqueles empresarios que non rotulen os seus negocios en catalán. A isto haberá que engadir a imposición de imprimir as facturas, os presupostos e demais documentos internos das empresas tamén en catalán.


Algo que semella anticonstitucional como pode ser unha imposición deste tipo, resulta que nas mans do goberno da Generalitat convértese en ‘ordeno e mando e tí obedeces’ e mentres tanto o Goberno central por conveniencias políticas caladiño coma un peto.


Os empresarios cataláns lóxicamente están ata enriba destes abusos e preguntan porque nestes tempos de crise no que hai que apertar para non ir o garete a Generalitat do Montilla e demais cerebros, non só non axuda as empresas senón que impón a sua estúpida lei a base de sancións económicas de categoría. ¿Farán o mesmo con ‘El Corte Inglés’, ‘Mac Donalds’, ‘Chevrolet’, ‘Ferrari’, etcétera? Que risa me da.


Imaxínese alguén que nos Estados Unidos ou na Gran Bretaña, multasen por rotular en inglés, en Francia en francés ou na China en chinés. Mira que non chega con que nas Vascongadas os empresarios teñan que fuxir para non pagar os impostos da ETA, agora hai que engadir o imposto catalán da multa.


Como a cousa siga así, haberá sitios de España dos que será mellor fuxir ou sen actuar a dictadura da linguaxe.


¡Canto franquiño queda ainda entre nós, e canta patada no cú se perde!

Te puede interesar