Opinión

O rei dos coches

Xa pasara un tempo dende que nomeara, aquí mesmo, a un vello coñecido da falcatruada automovilística á que estamos por desgracia xunguidos por mor dos mesmos de sempre. A este virtuoso dos coches levaba uns anos sin verlle o tipo, pero polo que vexo non hai novidade, segue igual. Agora xa non ten aquel todoterreno que parecía un tanque de guerra. O que ten agora é aínda máis grande, e cando se instala no seu asento ¡ai, amigo! e o amo do mundo, alá enriba, tan superior, tan distinto, tan fardón.


Pois resulta que este experto en válvulas, carburadores, cabalos de potencia e cilindradas, segue aparcando o seu acorazado onde lle peta, e sempre, por suposto, incumprindo as normas de tráfico: enriba da beirarúa, en doble fila, nas curvas. ¡Que me lle toquen ao coche que xa verás!, seica pensa este magnífico.


O outro día estaba diante dos Salesianos, á saída dos rapaces, ocupando o sitio dun camión, en doble fila e todo recreado falando polo móvil, codo na fiestra e repeiteándose no retrovisor.


Tamén é aficionado a pasar polo Paseo. Entra como se fose aparcar no 24 horas, pero logo segue todo o Paseo, recreándose co móvil, ja,ja, jo,jo, lucindo palmito... ou polo menos iso cree el. Logo xa, cara Curros enríquez coma se nada... e xa está.


Non hai máis ca unos días, atopeino en Florentino Cuevillas, que é dirección prohibida, aparcado fronte á cafetería. Alí bota o anaco que lle peta. Se ven o axente de Tráfico, óllao dende dentro sen perder un só xesto, e se o axente saca papel e boli para o ‘autógrafo’, sae despavorido, con ar chuelsco, garabata ao vento e voz engolada. ‘¡Eh, eh, que é meu!’. ‘¡Saque o coche daquí home, non vé que é dirección prohibida!’, dille o garda farto. ‘¡Éste é un país de merda, non se pode nin tomar unha cervexa en paz!’.


Ese bichiño superior, cuns xestos e aspaventos moi propios dos da sua raza, entra de novo na cafetería todo cabreado, paga e sae a toda pastilla despois duns acelerons reivindicando os seus dereitos.


Pois xa che pasara tempo sen ver a este descerebrado en acción; non é o único, pero é ben certo que moitas cousas non cambian nunca. Eu pregúntome, moi inquiedo, pola educación que lle dará esta xamba aos seus fillos.


Tamén é certo que iso ímolo deixar para outro día. Por hoxe coido que xa nos chegou coas aventuras deste super-cars de educación refinada.



Te puede interesar