Ourense e o circo

A mediados do pasado verán tiven a ocasión de coñecer a Ileana Méndez, unha filla da emigración máis, que reside na actualidade en Whasington, pero que ten orixes radicais en Puerto Rico, onde se asentou a súa familia, dis que hai máis de dous séculos. É evidente que con estes poucos datos nada lle dirá. Nin,...

Unha boa persoa

Se algún día se lle dese a algún estudante de historia contemporánea ou de ciencias políticas, por realizar unha tese de doutoramento máis seria cás que lles serve á clase política para engordaren os seus currículos ficticios e entraren con elas pola porta de atrás nos ceos da meritocracia, sobre a política...

Selfies e insultos

De todo canto declarou o xa dimitido concelleiro de Ourense, José Araújo, perante os medios de comunicación, ás portas mesmo do Concello que acababa de abandonar, quen sabe se só por un pequeno paréntese de tempo, igual que supoño -moi probablemente- que lle aconteceu a vostede, eu fixeime basicamente en dúas...

Vasme botar ti..?

Para que as cousas sexan ben entendidas non hai como procurar un exemplo que sexa gráfico, sinxelo de relatar e, a poder ser, que forma parte da nosa vida cotián e así poidamos visualizalo. Seguindo este criterio comunmente aceptado en campos tan complexos como poden ser os da física ou das matemáticas, que no...

Dúas eivas do Xacobeo

Leo que o presidente da Xunta fixo propósito onte, no transcurso da feira internacional de turismo de Madrid, para que Galicia poida celebrar no ano 2021 "o mellor Xacobeo da historia". Debullou varias liñas de traballo que está a definir a Consellería do ramo (é dicir, a de Cultura e Turismo, que por fin...

21 días, 21 gramos

Non sei se tivo oportunidade de vela. Eu vina hai xa algúns anos e pode crerme que foi desas películas que non deixan a un indiferente, pola riqueza descriptiva que consegue sobre os amores e os temores máis internos da condición humana. Titúlase "21 gramos" e gracias a ela aprendín -aínda que sigo sen saber se é...

Unha curiosidade ó fío dunha traxedia

Cando vou ou veño, no curto traxecto que media entre Celanova e a miña aldea dos Quintairos de Amoroce, con relativa frecuencia coincido cunha furgoneta que leva pintado no seu indicativo comercial algo así como “Pozos Artesanos Tal”, seguido, loxicamente, dun número de teléfono que identifica ó seu propietario....

Cousas do Parlamento

Que as intervencións públicas do presidente do Parlamento, Miguel Santalices, nunca decepcionan, é unha verdade axiomática, que diría un matemático, e que nantronte pola tardiña volveu transformarse nunha evidencia.   Como vostede seguramente sabe, demostrouse unha vez máis no Foro que organiza este...

Días de encrucilladas

Estudounos ben Castelao na súa derradeira producción literaria, analizando, non só a morfoloxía e os materiais dos que están feitos, senón tamén a súa significación animista e relixiosa, así como a simboloxía da súa ubicación nas encrucilladas de camiños, carreiros e vereas, sen esquecer, ademais, a relación...

Premios e premios

Malia que por vez primeira saían da omnipresente Compostela e se achegaban á provincia de Ourense, concretamente ó mosteiro de Montederramo, en cuxo "scriptorium" -segundo contan as crónicas- foi acuñado por vez primeira o termo "Ribeira Sacra", non acudín á convocatoria colectiva do acto de entrega dos Premios da...

Xestionar a calderilla

Andou o exministro de Xustiza por Ourense, para tratar de poñer algo de luz sobre o espeso neboeiro que a aplicación da nova Lei de contratos do sector público espallou en todo o país dende o pasado mes de marzo, cando entrou en vigor. Dende aquela tanto o sector público como o privado non deixan de zopar de...

A propósito da ola de frío

Foxe, esta columna, de pretender criticar a ninguén e moito menos a aquelas persoas ou colectivos ós que implicitamente vou facer mención indirecta porque, no fondo son os que inspiran a reflexión que pretendo. Perante o posible recrudecemento das inclemencias temporais dos próximos días, anuncian os...

Morrer de vellos

A marcha das relixiosas franciscanas da miña vila a unha interesante analoxía realizada pola compañeira Laura Fernández ó redactar a información publicada hai uns días neste mesmo xornal, sobre a Desamortización de Mendizábal e a marcha dos frades bieitos de Celanova, en comparación co avellentamento da poboación e...

Una bufanda independentista

O certo, agora que me poño a escribir, é que non sei se xa a tiña ou alguén lla regalou estes días de Nadal. Non llo preguntei porque din por suposto que formaba parte do seu fondo de armario, pero tan pronto lla vin enleada ó pescozo, exactamente igual que a colocan Puigdemont, non fun quen de reprimir a chanza e...

A deseucaliptización

Loxicamente o asunto é unha brincadeira e como tal brincadeira de fin de ano debe ser entendida esta columna. Do mesmo xeito que unha ferramenta para brincar é (e polo tanto, unha boa ferramenta para mellorar, xogando, o uso cotiá da nosa lingua) o propio portal das palabras que a Real Academia Galega e a Fundación...

Estatísticas e experiencias empíricas

Que triste está a aldea, que triste e que sola! A terra sen frutos, a feira sen xente, sen brazos o campo, sen nenos a escola, sen sol o horizonte, sen flor a semente. A pedra e as nubes a sempre arrasando, agoiran un ano de fame sombría; sen pan os labregos, nin herba pro gando, que vai ser deles na crúa...

A cantora da saudade

Chégame, con cariñosa dedicatoria, a última e meritoria (escribo meritoria polo mérito que ten continuar sacando discos á rúa) oferta musical de María do Ceo. Loxicamente xa lle perdín a conta por máis que polas miñas estanterías anden repartidos tódolos CD que foi quen de editar dende aquela primeira entrega...

Sobre minicumios e cimeiras

Non chega aínda a un mes, concretamente o día 21 de novembro, o goberno español e o seu homónimo portugués mantiveron un encontro transversal que leva por nome "Cumio luso-español" ou "hispano-luso" -que tanto monta...- e que se desenvolveu, na súa edición número 30, na cidade de Valladolid. No caso das...

Non hai moito e non moi lonxe

Cando me dispuxen a recoller a entrada, as mulleres -probablemente nai e filla- de dúas parellas que se atopaban nos accesos á exposición, debatían entre elas se pagaría a pena mercalas ou non. Mentres a máis maior argumentaba a favor do non "porque dura mucho" (as previsións da visita anunciaban un percorrido...