Opinión

BEZOS E THE WASHINGTON POST

Aprincipios do século XX, Joseph Pulitzer preguntábase: '¿Cal vai se-lo estado da sociedade e a política desta república dentro de sesenta anos?? ¿Conservaremos un goberno baseado na Constitución, na igualdade de todos os cidadáns ante a lei na pureza da xustiza, ou nos gobernarán o diñeiro ou a mafia?'


Como editor de prensa, reflexionou sobre a profesión, preocupouse polo comercialismo e a falta de ética. Pero no preveu a morte dos xornais. Agora que Jeff Bezos comprou 'The Washington Post' espérase que o fundador de Amazon, experto en facer rendibles negocios difíciles, saque un coello da chisteira. Espérase que teña un antídoto contra o veleno.


Mentres chega a cura, os xornais son como Ana García Obregón posando no verán. Cos seus anos e retocada pero inmarcesible. Mantendo o tipo mentres o corpo aguante. 'A nosa República e a súa prensa avanzarán ou caerán xuntos', outra vez Pulitzer.

Te puede interesar