Opinión

A CAMBIA-LAS COUSAS

Non coñezo a Susana Díaz, a muller chamada a suceder a José Antonio Griñán se sae todo como ela e a dirección do seu partido previron. Sei dela unicamente o que contou a prensa: a súa condición de muller que fixo toda a súa carreira no PSOE andaluz. Ten, sen dúbida, simpatía, un verbo fácil e utiliza no seus discursos os latiguillos aos que nos teñen acostumados os políticos como o de 'inaugurar un novo tempo' ou 'poñer en valor' isto ou aquilo.


Creo, porén, que un dos problema da política é a súa tendencia inexorable ao solipsismo. Os partidos son cada vez máis como esas mónadas leibnicianas sen fiestras nin portas abertas á realidade. Nunca estará de máis teimar na urxencia de que se poña fin canto antes á práctica das listas pechadas, elaboradas sempre polo correspondente sanedrín, e resultado inevitable de intrigas e componendas entre as distintas familias ou iso que seguen a chamaren 'sensibilidades do partido'.


Fai falta dunha vez que os partidos se ventilen dunha vez, abran as fiestras e portas dos seus despachos á luz cegadora da rúa. ¿Cando renunciarán os nosos políticos aos seus coches oficiais con chófer incluído e collerán a bici para que sintan no rostro o vento cidadán? ¿Cando viaxarán ao traballo no autobús ou tomarán as súas cañas ou os seus gin-tonics, se é isto o que lles apetece, no bar da esquina? ¿Cando poderán ademais facelo como algo normal sen que se caiga na tentación de acusalos de demagoxia?


Xa dixen que non coñezo persoalmente a Susana Díaz, e non podo xulgala sobre as súas dotes humanas ou súa capacidade política. Pero tendo a desconfiar en principio dalguén cuxa experiencia profesional cincunscríbese case exclusivamente ao partido no que milita. Existe un mundo moi variado e rico máis alá da política, o mundo do ensino, da ciencia, da cultura ou da empresa e, para entendelo na súa complexidade ten a política que ter del unha experiencia de primeira man.


As súas vivencias non poden limitarse á elaboración dun programa de partido ou ás manobras internas para colocar a este ou aqueloutro nunha candidatura electoral. Porque sabemos de sobra que os partidos, todos eles, premian por riba de todo a docilidade, a fidelidade ao liderazgo, e non a imaxinación e a crítica aberta, o único lque podería renovalos.


Fálase moito de dignifica-la política, tan en descrédito ultimamente polos interminables escándalos de corrupción que, unidos á lentitude coa que opera a xustiza, ocupan, un día si e outro tamén os titulares dos xornais. Un paso moi importante sería rematar coa política como profesión de por vida, que fai que moitos se acomoden e resignen a quedárense anos aínda que sexa na oposición porque non saberían facer outra cousa e teñen en calquera caso uns ingresos garantidos.


É pois hora de que comecen a cambia-las cousas.

Te puede interesar