Opinión

CANDO A POLÍTICA SE ENZOUFA

Mentres non meta a miña man na túa chaga ?'. ¡Oh Santo Tomás! Chegaches a dicir. O bo do caso é que somos os dous iguais de desconfiados e, coma nós, a morea que pode dá-la volta a Galicia vinte veces das mans collidos. Xuradores sobre a Biblia, resignados de comuñón diaria, revonvertidos en delincuentes de medio pelo e putañeiros simplistas no primeiro clube de alterne.


Bo están a faceren a Rodríguez Zapatero, os que lle acusaban de deixar a España sen un can. Agora resulta que a pasta a repartía a dereita pura e dura, presuntamente, e a que non, pois o tesoureiro de AP e sucedáneos despois, a reconvertían en Suiza en montañas de chocolate. Collóns, debe habelos, cando o terceiro presunto mangante, Luis Bárcenas, quixen dicir tesoureiro do PP, apilou en Suiza vintedous millóns de euros, unha vez salvados os agasallos de complacencia, máis de cinco mil euros por barba ou bigote, aos fregueses en sobre tipo voda.


E aquí onde a Cristobalito Gazmoño parece ser que tamén 'lavou' algúns peletres, déixanos a todos coa boca aberta e coa resignación de que Facenda non somos todos, senón parvos. Aínda que 'a mula' cazatalentos agora e as outras dúas gobernantas, gáñanse o soldo mentindo e recortando. Por outra banda, o gobernador das illas Salomón, Marianico el Corto, que quer facer un pacto anticorrupción. Sería necesario deixar de ser tan xeneroso con algúns indultos, menos recortes, máis xustiza social, máis sanidade pública e facerlle aos ministros os traxes sen petos. Que non se queixen da educación. Damos aos nosos fillos, mellor cá que vostedes pagan.

Te puede interesar