Opinión

¿CANTOS, POR QUÉ?

Cantos deses grandes líderes empresariais que aplauden as medidas do executivo teñen contas fóra do país? ¿Cantos donos de grandes empresas e fortunas teñen a traballadores fóra da regulación laboral? ¿Cantos dos que apoian o labor do PP pagan ata o último céntimo dos seus tributos? ¿Por qué os equipos de fútbol poden ter débedas coa Axencia Tributaria (uns 800 millóns de euros) e a un cidadán se lle embarga por unha multa de tráfico? ¿Por qué se pode ter millóns nunha Sicav para cotizar ao 3%? ¿Por qué un vendedor de armas pode ser ministro de Defensa? ¿Por qué existen fondos reptiles? ¿Por qué ao que rouba non se lle chama directamente ladrón e se lle trata como tal? ¿Por qué facemos legal unha amnistía fiscal para rexouba de sinvergonzas e defraudadores? Hai demasiadas preguntas sen resposta e os cidadáns estamos xa fartos. Fartos de ver que se lles esixen todos os sacrificios mentres aqueles que gañan máis de medio millón de euros gozan, coa aquiescencia gubernativa, de todo tipo de vantaxes e privilexios.


É tempo de dici-la verdade, á cara, e ser consecuentes co discurso. Se as axudas públicas recibidas pola banca se houbesen dedicado ao emprego, teriamos un paro residual do 8%, pero claro, non todos somos iguais. España non é tan rica como uns imaxinan, pero tampouco tan pobre como queren facérnoslo crer. Gozamos dunha casta de políticos cuxa única ocupación, cando gobernan, é dobrarse aos ditados do mercado; modernos señores feudais doutrora.

Te puede interesar