Opinión

A CASTA DALGÚNS POLÍTICOS

Canta razón ten o profesor Santiago Grisolía nas críticas que fixo hai uns días da nosa casta política, non de todos claro, só a daqueles que saíron ultimamente do armario dos partidos, e subiron escalóns ata que lles chega o momento de presentalos na política nacional sen ter nada o moi pouca bagaxe en canto a talla política e menos aínda como profesional en calquera clase de emprego, e o que acada chegar á meta, fai da política a súa única profesión, e así non van as cousas ?


Polo tanto, se ao fronte do Goberno non temos políticos con talla moral, intelectual e cultural, nos pasará o que ultimamente nos pasou, que por non termos uns políticos preparados, en todos os foros internacionais que asistimos sempre nos deron as migallas que outros non quixeron.


Opino que a eses foros hai que ir moi ben preparados, coa lección ben aprendida, pero tamén coas unllas e os dentes ben apretados por se acaso, e ao final se non acadamos todo o que debatemos, polo menos que nos quede unha tallada máis grande e o orgullo de loitar polos intereses de España.


E para rematar, un botón de mostra, en referencia ao de Xibraltar. Cos ingleses ata a data todo foron boas palabras por parte deles, e nunca resultaron favorables a España, sempre ao final tivemos que ceder aos intereses británicos, agora que empezou outro litixio, non debemos nin podemos meternos en ruidos de sables. Estes non son tempos de algarabía, por non dicir outras cousas, pero si de acudir á ONU, e alí facer ver que os tempos de colonialismo xa remataron hai tempo por moito que lles doa ao Goberno británico, e aí é onde o Goberno español tense que facer forte.

Te puede interesar