Opinión

CIFRAS

Dicía o escritor Quentin Crisp que o lesbianismo era para Francia o mesmo que o cricket para Inglaterra. Vendo a manifestación do Domingo de Ramos en París contra a lei do matrimonio homosexual (e a reproducción asistida e as adopcións para todos), ao mellor non é así. Aínda que tamén pódese aplica-la teoría de Rajoy: 'A inmensa maioría dos españois (substitúase polos franceses) non se manifesta e non sae nas portadas dos xornais'. Segundo os organizadores, os manifestantes eran 1,4 millóns; segundo a policía, 300.000. Case igual que en Madrid en xuño de 2005: segundo os organizadores (Foro da Familia), botáronse á rúa 1,5 millóns e, segundo a Delegación do Goberno, 166.000. Iso si, aquí había máis bandeiras nacionais e máis bispos. En Francia, a lei aprobouse hai semanas pero aínda non a promulgou Hollande. Os franceses, pese á súa ostentosa Revolución, son como todos. Imos cumprindo as mesmas etapas.

Te puede interesar