Opinión

CRISE DO AFORRO FAMILIAR

As declaracións de David Taguas sobre a lei que se aprobou para modifica-lo imposto de patrimonio deberíanse analizar con precisión polos cidadáns. Aínda que asesorara ao presidente do Goberno ata o 2008 e dirixira a oficina económica de Presidencia do Goberno, non nos garantiza independencia, neutralidade ou imparcialidade no xuízo, o actual presidente de Seopan (patronal das construtoras) realizou unhas afirmacións sorprendentes, revolucionaria e ata escandalosas. Se lle ocorreu dicir que a reposición do imposto de patrimonio non está xustificada por razóns económicas; que se trata dun imposto contraproducente na situación actual pola crise que atraviesa a economía española e 'porque resulta contraindicado grava-lo aforro familiar e penalizar o que as familias deben facer'.


Isto significa que, ademais de razóns macroeconómicas que desaconsellan o imposto (situación económica española), hai razóns macroeconómicas para consideralo inxusto. Estes expertos estiman que a recadación na súa aplicación será insignificante para modifica-lo déficit das administracións (apenas 542 millóns). Polo tanto, 'non axuda a reduci-la probabilidade do escenario de risco'. Se o imposto non servirá para recadar, alomenos debería servir para abrir un debate sobre a fiscalidade. Taguas non se quedou aí, reclamou que se abra un debate profundo sobre a fiscalidade do traballo. E o fixo por unha razón absolutamente revolucionaria e escandalosa 'porque constitúe un factor central da economía española'. Calquera lector que teña un pouco de siso recoñecerá unha obviedade nesta frase e nesas declaracións. Agora resulta que o factor traballo é o factor central da economía española. Entón ¿cal foi o factor central antes?, ¿en que se baseou a economía española antes de que nos gobernaran estas lumbreiras?


Non me negarán o carácter revolucionario e escandaloso destas palabras que levantan acta dun sistema fiscal que penaliza o traballo e o aforro familiar. Como pais de familia penalizados fiscalmente deberiamos preguntarnos: ¿por qué non gobernan quen só cren na economía financeira e non na economía produtiva?, ¿por qué permitimos aos pirómanos traballar de bombeiros?.

Te puede interesar