Opinión

SOBRE A CRISE

Acontece que, reúnense todos os pensadores gubernamentais do país, os que cren que os deuses axudan a quen non se esforzan para atopa-las solución. Parolean, preguntan polo milagre e polo deus que ten que rescatalos hoxe do seu naufraxio. En lugar de concluír que o recente e falso 'mundo de yupi' foi un paréntese de soñadores desnortados, consideran que o paréntese é isto que chaman crise, e queren restaurar aquel tempo de pompa e circunstancia denominado Estado de Falsoestar, no que os benestares eran eufemismos de hipotecas, sonos de grandeza e ilusas ilusións.


¿Non sería máis lóxico e curativo aceptar que aquilo foi un espexismo no que se compraba máis do que se podía pagar, en vez de empeñarse en restablece-lo fraude emocional e dispendiario? Dioptrías necesitan os políticos, gafas para miraren e veren, e por careceren delas, é mágoa que o pobo, famento, non poida comelos, polo indixestos que son. O presidente dos cidadáns, cuxo cociente intelectual é inmensurablemente indefiníbel, é tan diestro no seu siniestro proxecto paliativo da 'crise' que, moi evanxelisticamente, procura que o que fai a súa man dereita non o saiba a esquerda. O malo é que tampouco ten idea do que fai coa man dereita , que tamén parece zurda, e todo resulta ser una retahíla de renglóns torcidos que nin sequera entenden os deuses provisores.?Se non fora porque a Historia o desminte, diríase que o xefe ministril é o apócrifo e hipócrito autor da sentencia: 'Só sei que non sei nada'. ¿Por qué non lle di ao cidadán que compre co diñeiro que ten e non co que quixera ter? ¿Por qué prefiere non perder votos calando esa sinxela panacea? ¿Por qué non lle di a Artur Mas que ninguén ten culpa de que Alfonxo X o Sabio elixira o castelán e non outro idioma como lingua de cultura e comunicación? ¿Por qué non propón un referéndum para establecer que sexa delictivo calquera soldo ?por exemplo- superior a cinco mil euros e inferior a dous mil? Aplicado este socratismo do saber ao ensino, fonte de todo futuro, non me extraña que aínda se diga, por exemplo, 'o manco de Lepanto', e non me extrañará que pronto se oiga igualmente 'Garcilaso da verga baixa', ou que Quevedo era torto de oído, ou que Lord Byron coxeaba dun brazo. Porén a moderna xustiza do aforamento, esa que se chama 'impunidade', permitirá que os pensadores do Estado continúen lucindo o seu nome con heroica e espuria honestidade.


E aplicado o devandito socratismo á economía: os gobernantes non se elixen para que vivan mellor cós cidadáns, senón para que acaden que estes vivan dignamente.Terríbel: a orde dos factores comeza a altera-lo produto.

Te puede interesar