Opinión

DECISIÓNS

En la emocionante película de Tim Burton 'Big fish', cóntase unha curiosa historia: un rapaz recibe a visita dun corvo que lle anuncia que o seu pai vai morrer ao día seguinte, pero non llo pode dicir. Non o pode revelar. O neno pasa o peor día da súa vida esperando a que o seu pai regrese, sen saber se o anuncio é real ou non, e cando chega, vai aliviado a contarlle á súa nai que pasou un día terrible. A nai respóndelle que peor foi o seu, porque o leiteiro morreu á entrada da casa. Ese día, o neno soubo quen era o seu verdadero pai.


O talento pode facilita-las cousas, pero é a tenacidade e o esforzo o que as fai accesibles. Os erros non se elixen. Estaría ben crelo para quitar presión ás nosas decisións.


'Non se meta nos sonos dos demais agás que estea disposto a paga-lo prezo desa intrusión', di un personaxe da película California, de John Farrow. Ás veces o prezo pode chegar a ser excesivo. Sabes que chegou un fin de ciclo cando che dá igual que así sexa. Se desexas caer ben a todo o mundo, é aconsellable que non quites a máscara a ninguén. Ter un teléfono intelixente non impide que algúns donos sexan parvos. Hai xente tan preocupada polo lixo alleo que esquécese de sacar fóra o da súa propia casa. E feden. Os que teñen unha opinión sobre todo non teñen nin idea de nada. ¿É mellor ter preto a persoas exfoliantes ou suavizantes? Os bos profesionais nunca fan alardes. Non o necesitan e lles aburre. Coa cantidade de problemas que veñen sós e aínda hai masoquistas que saen á busca de máis ?


As grandes decisións acostúmanse a tomaren despois de monumentais deliberacións. Se colles un coche sen dirección asistida tras anos de comodidade, o volante parece estar feito de pedra. Así acontece con algúns recordos se intentas removelos.

Te puede interesar