Opinión

A EBRIOREXIA

Especialistas en nutrición deron a voz de alarma. Entre a xuventude e, especialmente entre as mozas, exténdese o que se coñece xa como a 'ebriorexia'. Trátase de reducir a inxesta de alimento durante a semana para que o alcohol que se bebe en abundantes cantidades nos botellóns tolerados do longo fin de semana non engorde os corpos e desfigure as esbeltas cinturas. A xente nova bebe, e moito, as fins de semana. Miles deles deambulan con bolsas de plástico cargadas de botellas de alcohol, vasos de plástico e refresco para misturar. Non se cansan de repetir que o fan porque as discotecas e pubs poñen prezos abusivos. E ademais en España vívese nunha cultura de alcohol. En ningún lugar do mundo serven cervexas nun McDonald's ou nun Burger King. Só aquí.


E por iso cada sociedade ten o que se merece en cada momento. En Arabia Saudí, un neno de catro anos matou ao seu pai porque non lle comprou a Play Station. Glub!

Te puede interesar