Opinión

O ENGANO EUROPEO

Aparentemente vivimos en paz, pero estamos en guerra. Din que non hai fronteiras pero están aí e cruzalas é máis difícil que cando o Muro separaba o continente. Insisten en que Europa é unha unión e non é máis que unha ristra de escravos que camiñan xuntos atados polos nocellos. É a realidade irreal que vemos todos os días. Ninguén pega tiros pero a xente morre enfrontándose a un inimigo invisible. Non hai prisioneiros porque o somos todos, aínda que non vexamos os nosos pulsos inmobilizados. Os armisticios son eses pactos que obrigan a asinar a griegos, portugueses ou chipriotas. Ninguén dixo que fora doado un tratado de paz. No fondo sempre foi o abuso do vencedor sobre o vencido. Falábase de pacto pero a verdade é que un impuña e o outro aceptaba. Non estaban en igualdade de condicións.


Non hai conquistas territoriais pero usurpan os nosos petos inoculándonos, ademais, o complexo de culpables. O dicía Merkel, satisfeita porque 'pagan os culpables da crise', como se un pensionista de Nicosia puidera facer tremar Wall Street. Supoño que dicían o mesmo aos soldados obrigados ao cruzaren Europa cunha baioneta no nome de non sei que invasión na que nada tiveron que veren nin prentenderen. Eles só querían vivir en paz e casárense coas súas noivas de toda a vida. En cambio acabaron nunha sucia trincheira e as súas mozas só recibiron deles unhas cartas de amor arrugadas e unhas medallas inútiles.


Nos enganan cunha Europa sen fronteiras pero deciden que non entren os que veñan pedindo clemencia; algúns vixilan aos 'morenitos' e outros endurecen as condicións para accedermos á sanidade ou á educación. Fronteiras. Hoxe os obstáculos para a cidadanía global son de dobre cristal. Transparentes, pero impermeables. Mentres, os cidadáns asistimos a esas reunións como a plebe vía repartirse o mundo aos nobres e potentados. Sen poder intervir. Sen futuro, Pero con rabia.

Te puede interesar