Opinión

ENTREVISTAS DE TRABALLO

Acudir a algunas entrevistas de traballo é como mergullarse nunha película da Guerra das Galaxias, todo resulta tremendamente fantástico. O primeiro que te atopas é un anuncio con información escasa pero como 'a cousa está como está', alá vas, currículo na man e de punta en branco. Non estás só, claro está, pero alí nin deus sabe en qué consiste o emprego.


De momento invítanche a cubrir un cuestionario e de novo unha invitación, esta vez, a esperar. Buscas información, pero non a atopas, aquilo parece un escenario recén montado, para xerar desconfianza. E agora ven o mellor, o momento de entrevista, que é cando a túa cara débese transformar na de Jar Jar Binks porque todo o que segue é unha tomadura de pelo.


Noméante xunto a outro dos aspirantes ao posto para que pases a unha sala interior, alí unha moza programada como R2 D2 espétache un monólogo no que en ningún momento se che ofrece nada, só o que esixen e queren de ti e a facilidade de promoción dentro da empresa. Finalmente, invíntanche a irte dicíndoche que te chamarán pola tarde para informarche de se estás seleccionado ou non. Aquí é onde se lle pregunta ao autómata que cales eran as condicións, e a súa resposta é 'que polas condicións económicas non se pregunta' e que tralo período de proba e se interesas á importante compañía, informarán. E digo eu, ¿e se de entrada non interesa? De película, que tamén podería ser de 'vampiros'.

Te puede interesar