Opinión

FARTURA DIXITAL

Chega unha nova reforma da Lei de Propiedade Intelectual (despois da insuficiente, oblicua e previsiblemente fallida Lei Sinde) e algúns vemos vir con pereza a reedición do debate hipócrita, estéril e, en suma, deplorable ao que en España ven estando sometida a cuestión dos dereitos de autor. Dunha banda, unha industria cultural que tende ao inmobilismo, o que permitiu protagonizar xa uns cantos suicidios (e cada vez quédanlle menos por cumprir). Doutra, o chamado activismo internauta, empeñado na absurda utopía de que uns parvos altruistas produzan unha riqueza que rendabilizan outros, os astutos oportunistas agochados en cada curruncho do laberinto dixital. E no medio, un goberno que non acaba de ter valor, sexa cal sexa o seu signo, de agarrar aos dous touros polos cornos e reconducir este desastre nunha dirección que sexa razonable.


Porque desastre é, que ninguén o dubide, que unha industria regular, que daba emprego e pagaba impostos e cotizaba á Seguridade Social, quiebre en beneficio de escuros depredadores dixitais que, ou ben pertencen á fauna máis abisal da economía mergullada ou ben contan con estruturas 'offshore' de elusión fiscal que lles axudan a pagaren moi poucos impostos e nunca alí onde fan o seu negocio (tradución: nalgún paraíso ou semiparaíso fiscal). Nin uns nin outros van a recolocaren, xamáis, a toda a xente á que enviaron e seguirán enviando ao paro.


Hai un esforzo por parte do goberno para poñer por riba da mesa un novo texto legal, que ademais trata de racionalizar aspectos da lexislación sobre propiedade intelectual en beneficio dos creadores e dos usuarios. Pero unha lectura de anteproxecto leva a concluír que nos atopamos ante outra reforma parcial e que, aparte dalgunhas melloras que sería inxusto non recoñecer, segue sen centrar dunha vez a cuestión, o que pasaría por lanzar unha dobre mensaxe: á industria cultural, que ten que facer un esforzo por resultar máis eficiente e imaxinativa nun entorno no que non se lle pode protexer como cando o expolio dos seus dereitos dependía de facer copias físicas; e aos usuarios, que non hai un dereito ilimitado á cultura gratuita que inclúa apropiarse da creación allea. Ningún ben ou servizo público baséase na explotación sen dereito á paga de quen traballan para que os cidadáns dispoñan del.


Unha lei que incentivase unha oferta dixital competitiva, e castigase os actos de roubo masivo co que hoxe conviven os titulares de propiedade intelectual (o que os converte nos únicos propietarios deste país penalmente desprotexidos fronte ao saqueo), é o que algúns desexamos. Pero seguramente somos poucos, o pouco representativos. Haberá que irse facendo á idea de que imos morrer defraudados.

Te puede interesar