Opinión

O LEGAL E O ÉTICO

Nos tempos que corren, onde máis do 90% da poboación está a sufrir nas súas carnes recorte tras recorte, deberían os políticos, xuíces, grandes empresarios, consellos de administración? teren moita máis delicadeza. Hai cousas que aínda que legais, non son para nada éticas, aínda que a ética na nosa clase dirixente é algo que estea presente por riba de todo. Que o Sr. Dívar, por exemplo, se leve unha indemnización millonaria pode ser legal, pero?


Que os membros dos consellos de administración teñan millonarias cláusulas de rescisión, soldos galácticos, dietas ata para ir ao wc é legal, pero? Que os combustíbeis encarézanse porque é período vacacional e así aumentan as petroleiras os seus beneficios é legal, pero? Que quen nos gobernan presentaran un programa electoral para recaba-lo voto e que, venres tras venres o incumpran é legal, pero? Andar pola senda da ética é difícil no sistema neoliberal no que estamos enchoupados é simplemente imposíbel. A ética é algo posto en valor polos grandes pensadores clásicos, dos griegos a Kant e que na actualidade converteuse nunha pequeña reseña nos programas de filosofía dos nosos centros educativos. Tampouco se lle dá demasiada importancia, non vaia a ser que a nosa xuventude adquira o nocivo hábito de arraiga-lo principio e nos metan nun problema, parecen querer diciren os nosos prebostes educativos. Co que está a caer convertemos en legal o que non debera selo para non facer do asunto ético algo que nos profundice o espírito. Cousas deste mundo no que nos tocou vivir.

Te puede interesar