Opinión

MARCHANDO!

Marchando, que es gerundio!'. Isto acostumaba dicir o meu pai cando nos tiña que poñer ao meu irmán e a min en marcha para calquera cometido. Hai momentos nos que é imprescindíbel moverse unitariamente para presionar e esixir dos poderes actuacións concretas en beneficio da colectividade.


Isto é o que nos atopamos agora con respecto ao cumprimento do déficit, máis alá da análise (imprescindíbel tamén), de quen, cando e como se produciron os desvíos. Europa, o que é igual neste momento ao goberno Merkozy, ou sexa, á dereita dura alemana apoiada pola francesa, esíxenos un cumprimento de déficit imposíbel, sen retroceder unha década. Todos miramos cara ás comunidades autónomas e concellos como responsábeis do desvío, e teremos que saber por que se producen estes nun ano (2011) no que se celebraron eleccións municipais e autonómicas. O poder europeo quere facer dos países satélites (que é no que nos estamos a converter) uns 'mans tesoiras', para que recorte a destro e sinistro, importándolle un carallo a dor que produzan. Pois si, haberá que presionar a Europa dende onde sexa para acada-la modificación de cumprimento de déficit se non queremos asistir á inexorábel perda do Estado de Benestar. Antes e agora, protestamos polos recortes, fosen do anterior executivo ou do actual. Agora a presionar a Europa, e todos dende a dereita, dende a esquerda e dende o centro, para procurarmos evitar uns axustes drásticos e dorosos.

Te puede interesar