Opinión

PREBENDAS LEGAIS ILEXÍTIMAS

Unha das preguntas que me fago continuamente e que ninguén é capaz de contestarme é: existen bancos de depósito e bancos de investimento onde ingresas un diñeiro a un prazo determinado e eles xestionan e invisten. Por este diñeiro que ingresamos para que se invista, o banco nos dá un interese ou rédito. Os de depósito, pola contra, son os que aceptan os depósitos dos seus clientes. Son contas á vista, é dicir, a entidade debe manter todo o diñeiro en conta e, como non pode facer negocio con ese diñeiro, cóbrache unha comisión de mantemento da conta (outra cousa é como di manter a miña conta, ¿será que lles dá forraxe para que se manteña?) ¿Por qué o Estado permite que estas entidades invistan o meu diñeiro, do mesmo xeito cás anteriores, e non me dea unha participación das ganancias que lles proporcionou e, aínda por riba, o colmo, cóbrame polo mantemento da miña conta? Non o entendo. Todas son prebendas legais pero non lexítimas.


Sempre acontece o mesmo, o forte segue a tirar a pedra e agochar a man e a pesar de que resulta perfectamente visíbel aos ollos de todos, ninguén pon a primeira denuncia. Así é a vida e así seguiremos, sufrindo á banca, pero ¿qué acontecería se todos deixaramos as nosas contas bancarias a cero aínda que fose por un curto período de tempo?


Bos días a todos, mesmo aos bancarios, que non banqueiros.

Te puede interesar