Opinión

RAJOY, DIMISIÓN!

O Partido Popular chego ao Goberno Central cun programa electoral ben distinto do que nos está a impoñer. Mariano Rajoy incumpre sistematicamente todos e cada un dos puntos do seu programa electoral, provocando con elo un enorme fraude democrático. Prometeu facer da creación de emprego o seu principal obxectivo e os resultados son 6.200.700 parados, 1'7 millóns de fogares onde todas as personas están no paro, 2.000.000 de persoas sen prestación algunha e un 57% da xuventude no desemprego. Prometeu reactiva-la economía para mante-los niveis do Estado de Benestar e, pola contra, instalounos nunha depresión económica que está a provocar que cada día sexan máis os cidadáns que se atopan na pobreza e a exclusión social. O PP tamén prometeu durante a última campaña electoral que no tocaría os tres pilares básicos do Estado de Benestar: a sanidade, a educación e as pensións.


En menos dun ano, privatizan a sanidade alá onde gobernan, intentan rematar co ensino público e preparan un novo recorte de pensións. O señor Rajoy igualmente prometeu rematar coa corrupción e presentou ao PP como o partido que non avalaba aos corruptos. Pola contra hoxe atopámonos que no PP é onde máis casos de presunta corrupción existen. Comprometeuse a gobernar doutro xeito, escoitando á sociedade e tendo en conta as propostas cidadá. Rajoy fixo o contrario. Tamén comprometeuse a rexenera-la vida democrática do país. Pola contra, goberna aplicando o rodillo da súa maioría absoluta e gobernando a golpe de decreto e prepara unha Lei de Administración Local que reducirá concellos, privatizará servizos municipais e rematará con competencias históricas dos mesmos. Este tipo de prácticas están a distanciaren, cada vez máis, aos dirixentes políticos da cidadanía e están deteriorando a democracia polo que, coido que, como fixen co señor Rodríguez Zapatero, estou na obriga (aínda que non serva de nada) de pedi-la súa dimisión.

Te puede interesar