Opinión

A SERPE

Quenes loitamos polo advenimento da democracia estamos algo decepcionados ao vermos que non se corresponde co ideal acuñado durante a transición. Recorte de dereitos, políticas antisociais, gobernos que abusan do decreto, paro e despido sen contemplacións, ameaza contra a liberdade de expresión son algúns síntomas da desaceleración democrática. Non hai que se extrañar, por tanto, que neste caldo de cultivo vaia poñendo a serpe os seus ovos. A xente síntese enganada ante a inutilidade operativa dos seus dirixentes. Os partidos póndense sentir orgullosos dos seus congresos por aclamación, ao xeito caudillista, pero a verdade é que non poden facer moito por nós, son uns mandados. Nas nacións europeas máis golpeadas pola crise nótase un rexudir do fascismo. Me dá o mesmo que sexa de dereitas ou de esquerdas, se un conduce ao Arquipélago Gulag, o outro dá paso a Auschwitz.


Non estaría de máis lembrar que Hitler subiu ao poder democraticamente. Pronto extendeu o seu delirio. Un pintor de tres cadelas, impuso a camisa, a correaxe e as botas a toda a cultura alemana. Inflación sen límites. Crise do capitalismo xunto ao malestar obreiro. Había que parar aquel boomerang. A economía produtiva convértese pronto en industria de guerra. A fin de contas a última fase do capitalismo en crise é a guerra das nacións. Vendo o que acontece nesta xuventude sen esperanza e nesta vaga de parados, moi pouco me gustaría que neles fixera o seu niño outra vez a escurridiza serpe.

Te puede interesar