Opinión

XUSTIZA E ORDE

Éposíbel que non se deba falar demasiado sobre a crise que nos acosa; aprendino dun columnista inglés conservador. É tarefa nosa denunciar abusos dos poderosos, pero é un deber aínda máis sagrado non contribuír ao desánimo e subliñar que, pese a todo, segue o resplandor único do mundo, a súa insuperábel beleza e santidade, que apenas pode rabuña-los malvados, aínda que si crear cantidade inxentes de dor. Por outra banda, houbo xente que empapouse de economía e finanzas, que estudiou aplicadamente a xénese do desastre para rematar, como eu mesmo despois de ler 'Cleptopía' de Matt Taibbi, que todo aconteceu máis ou menos coma un intuira.


Dúas foron as razóns principais do xigantesco burato financeiro: lanzáronse coma porcos á charca da especulación inmobiliaria, tantos os nacionais coma os estranxeiros, os pequenos coma os descomunais, os bancos e as caixas. Os solares e pisos que tiñan como activos e garantía, non valían nin a cuarta parte do suposto. Por outra banda, os políticos asaltaron a dirección das caixas -moi solventes ata o desembarco dos ladróns- e se lle permitiu que obraran ao seu antollo, arramblando recursos para os proxectos máis delirantes e custosos que caiba imaxinar, sen ningunha posibilidade de amortización e escaso o nulo valor social.


O mundo non é o mellor lugar para a xustiza, é o primeiro que hai que ter en conta, pero un pouco de xustiza é imprescindíbel para mante-la apariencia dalgunha orde. E hai responsábeis con nomes e apelidos, xente que saqueou canto puido con excusas tan variadas como a depuración de augas residuais, as ONG, a adxudicación de obras ou as andainas dun xenro real. E ou chega esa xustiza por os seus pasos debidos, ou chegará de calquera maneira e quizáis dun xeito brutal. Aviso a navegantes. E xa pode o trafulqueiro de Mariano Rajoy (e o testán que o precedeu) sacar peito ante Europa: endebedáronnos por unha xeración, menuda xesta!

Te puede interesar