Opinión

XUSTOS E PECADORES

La honradez está yerta, la virtud está muerta', cantan máis ou menos os golfos tabernarios do século XIII na famosa Carmina Burana. Con menos caspa aparente, os golfos do século XXI participan do mesmo sentido báquico da vida, idéntico frenesí. Aqueles exaltábanse con viños agrios e cervexas quentes. Estes teñen o pico fino e seleccionan os tragos pola añada e a nobre maduración. En pouco máis se diferencia, porque ámbalas dúas especies son ladroas. Esa semellanza pertinaz trae causa das máis remotas sociedades e non sería tan ofensiva se as clases dirixentes o fosen, entre outras cousas, por a súa alta moralidade e polo rigor en confina-lo exceso nas aforas da convivencia civil. Pero é difícil caer na mala conciencia por roubar a ladróns. 'O que rouba a un ladrón ten cen anos de perdón' reza o refraneiro. Paréceme absolutamente certo, incontrovertible, que os corruptos son minoría. O temible é a súa irradiación polutora, e por elo resulta indispensable localizalos, castigalos e illalos da cousa pública. As vacilacións non son doadas xa que universalizan a sospeita.


Ninguén, no seu xuizo, entende que pasen os días e Luis Bárcenas non sexa obxeto dunha denuncia formal. García Escudero e os dous ou tres que recoñeceron aceptar sobres para urxencias humanitarias ben verificadas, están en paz co mundo aínda que flote a dúbida fiscal. Eles abriron un camiño que non seguen o resto dos nominados polo extesoureiro. É asombroso, salvo que non recibiran sobre algún e, se o recibiron, o gastasen en atencións propias, persuadidos, ou non, de que non podían dispoñer sen facérense preguntas. Pero que todo iso siga a xirar entre aromas de cloaca non e bo para ninguén. E tampouco se remedia publicando unha liquidación de IRPF que non dá problemas a quen vive da nómina. O presidente do Goberno fixo un xesto ocioso, entre moitos outros que eluden o gran volantazo.


'Dádivas quebrantan peñas', di tamén o refraneiro castelán, que pode referirse a xeneralidades e simplezas pero non minte porque o seu é experiencia sen máis pretensións. Debe ser moi amargo gobernar en medio de chistes e mofas que subestiman o esforzo e transforman a indignación en cachondeo. Aínda que os cínicos o prefiran a unha crítica seria e frontal, os políticos sans teñen o deber de gañárense un respeto espontáneo, non coercitivo, e nestes momentos perdéronno e pagan xustos por pecadores. Un amigo que regresou dunha viaxe por a nosa Europa confesa que sentiu vergonza ao se declarar español, á vista do que nos medios de comunicación repiten aló. Lembrei tristemente que me pasaba o mesmo nos tempos do caudillo ferrolán. As leis non poden ser exclusiva dos lexisladores, nós o somos a través deles, e tamén hai institucións que despreciamos por insidiosa influencia do poder, como a do ombudsman, o noso defensor do pobo, que en democracias avanzadas son palanca eficaz de reivindicacións aquí esgrimidas ás bravas. Porque non deixan outra vía ?

Te puede interesar