Opinión

Elefantes

Cinco elefantes bambeaban sobre a tea dunha araña. ¡Vaia parvada! ¡¿E aguantaba a arañeira?! ¡Imposible! Cando de rapaz ía para o monte coas vacas e me atopaba cunha tea de araña, tocáballe tan só coa vara e xa se desfacía por completo. Así e todo, aínda os hai que seguen a cantar trinta elefantes bambeaban sobre a tea dunha araña. A xente, a verdade, é un pouco esaxerada. Só non é esaxerada cando se fala de economía... ¡todos somos pobres!, ¡todos estamos fundidos! Aquí non hai centos de elefantes que vivan a vida de bambán en bambán. Aquí todos estamos caladiños e máis pesimistas ca un fío tan só das arañeiras que se atopan ao longo da vida, ao longo do camiño.

Te puede interesar