Opinión

Jiujitsu

Quero ser un loitador de jiujitsu para non matar a ninguén. É a arte e método de defensa persoal sen armas, que rexeita a utilización da forza bruta, e que está baseado na utilización de golpes dados nos puntos máis vulnerables do corpo. Quero dar tres golpes no peito da Ruliña que rimen co desexo carnal nun futuro encontro. Quero deixar caer no seu corazón, con moita suavidade, a palabra quérote e que todos os anxos voen ao meu redor. Quero deixar a forza acochada nos momentos nos que a vida non sorría tanto. Quero un jiujitsu ante as adversidades nas que, de cando en vez, aparecen polo percorrido da vida.



Te puede interesar