Opinión

Os derradeiros presupostos do ‘dúo estático’

Esta semana, coa presentación tarde, mal e nunca dos orzamentos do bipartito para o ano 2009 confirmouse a marxinación total de Ourense durante os catro anos de goberno de Touriño e Quintana, Quintana e Touriño. Catro anos de despropósitos, de marxinación e sectarismo. Un cuatrienio no que Ourense non existiu para este bipartito ‘de progreso’ que ía ‘rexenerar a política’ e ‘reequilibrar o territorio’ acabando coa ‘Galicia das dúas velocidades’.


Quén diría que os que ían a salvar á nosa provincia, dende o mandamáis nacionalista Quintana como vicepresidente xunto co tamén conselleiro nacionalista Suárez Canal, pasando polo máximo responsable socialista provincial, adicarían os catro anos a burlarse dos ourensáns e a facer unha política de escaparate barato caracterizada polos parches e polo esquecemento de Ourense.


Presentaron as cifras para o ano 2009 e observamos que descendeu case nun 50 por cento as cantidades adicadas específicamente á provincia, territorializadas, comparadas coas previstas no documento para este 2008. Non existe ningún proxecto ou actuación nova. Tamén once dos catorce departamentos nos que se estructura o Goberno autonómico, once de catorce repito, non deseñan os presupostos con partidas onde figure unha pala bra que nos é moi familiar: Ourense. Ningún investimento en materia de medio ambiente, nin en materia de servizos sociais, nin en medio rural ou traballo, nada en cultura... Auténticamente noxento e impresentable. Sobre todo vindo daqueles que, noutras etapas, falaban do necesario e obligatorio, para acertar a ver o compromiso dun goberno, de que as partidas presupostarias levaran nome e apelidos, é decir, que se soupera a ónde ían os cartos, resumindo: territorialización.


Dos 140 millóns de euros que anunciou Touriño en Ourense, menuda cara, para o Plan Director do Complexo Hospitalario de Ourense, prevese un millón. Velaí o valor da palabra do presidente da banda socialista do bipartito. Un raquítico e insultante investimento que se completa co esquecemento de actuacións en todas e cada unha das comar cas da nosa provincia. En ningures aparecen as obras e proxectos longamente demandados polos ourensáns e aparatosamente publicitados por este bipartito da tendencia ao luxo: o centro de interpretación dos parques naturais, a unidade de hemodinámica, o novo edificio judicial, os centros de saúde de O Couto e O 21, as inversións en execución do Plan estratéxico de termalismo de Ourense... Nada de nada. Cero.


Coidaba que, estando nun ano electoral, botarían o resto apostando por proxectos nunha provincia da que se riron estos máis de corenta meses que levan facendo que gobernan. Pero nin así, siguen con esa actitude sectaria e paralizante, dunha manifesta indignidade, impropia de quen dice representar ós seus cidadáns. Agora presentaremos emendas para mellorar este patético proxecto anti-ourensán. Pero témome que o voto de socialistas e nacionalistas será o que sempre manifestaron cando pedíamos algo positivo para Ourense: que non. Sempre non. Con esta xente non hai futuro para Ourense. Nin futuro nin Ourense. Moito me gustaría ter que escribir que aceptan algunha das nosas propostas... O dúo estático volverá a mirar para outro lado cando se fala de Ourense.


Te puede interesar