Opinión

A alma de don António tamén vive

Hai poucos días faleceu o noso párroco da Corna. don António Gómez, natural de Cea, levava muitos anos como director espiritual da ampla comarca do Concello de Piñor, que abranxe as parróquias de Santa Maria do Desterro-Corna, Santa Maria de Carvalleda, San Juan de Coiras e Santiago de Torcela, a parróquia da nosa nai Rosa e sua família. Pola sua humanidade de ben e polo seu estupendo e prolongado labor pastoral, era muito apreciado por todos os viciños daquelas catro parróquias. Tanto, que no dia do seu pasamento, a carvalleira da Saleta ficou pequena para acoller a tantos cidadaos da comarca. Que acudiron en masa ao funeral celebrado ao ar livre ao lado da capela e baixo as árvores e un sol resplandecente. Para render-lle a homenaxen póstuma ben merecida e dar-lle o último adeus a unha persoa tan digna. O acto, presidido polo bispo da diócese don Luis Quinteiro Fiuza, contou con a presenza de muitos dos seus irmaos de profisón, con os seus compañeiros de curso no seminário, entre os que destacamos aos nosos amigos e tamén excelentes padres, os párrocos de Porqueira e Parada de Outeiro. Estavan tamén alí os padres don Felisindo Rodríguez, natural de Dozón e ao que meu pai muito apreciava, o abade cisterciense de Oseira, persoa todo alegria e amavalidade, e o director espiritual de Cristal-Piñor, que nós muito valoramos.


O solemne acto, celebrado na tarde de aquel sábado, foi emocionante e profundo. Cheio de espiritualidade, lembrando a un sacerdote rural modélico. Modélico como muito ben dixo num fermoso e doce galego o noso bispo Don Luis. Que souvo expresar de forma sintética, acertada e exacta os profundos valores humanos e espirituais de don António. Un exemplo de conducta e de atención aos seus frigueses en todo momento e lugar. Destacou acertadamente o ben que sabia pronunciar as suas homilias, para que fosen entendidas polo povo. Buscando sempre relacionar o evanxello con a vida real e cotidiana das persoas. Predicando sempre o ben e a compreensón, solidariedade e amizade entre todos. Pondo sempre no centro as doces palavras de Jesús, das suas parábolas e dos seus provérbios. Nós temos gravadas no noso corazón e memória as homilias pronunciadas por don António nos pasamentos dos nosos pais Juan e Rosa, nas que sinalou de forma verídica os valores vitais dos mesmos. Foi tamén maravillosa a actuación con os seus cánticos en galego (e tamén en castellano) de Don Bruno. Ao que no seu dia muitas fermosas homilias lle escoitamos na parróquia ourensana de Santa Eufémia do Centro. Como todos os presentes, emocionámo-nos con este acto na Saleta de Cea e felicitamos ao final ao noso bispo don Luis polo seu brillante discurso, falado na nosa língua. Con un galego perfeito e espontáneo da sua comarca de Cruces, de onde é natural. Acabamos de estar en Pontevedra con os seus compañeiros de curso, o arzebispo castrense, o andaluz Juan del Rio Martín e o Núncio apostólico na Índia, residente en Nova Delhi, o galego de Maside, Pedro López Quintana. Ambos mandaron por nós, para o noso bispo, as suas lembranzas e a sua amizade e contáron-nos de el maravillas como persoa, que xá nós sabiamos e intuiamos.


O noso aprécio e respeito por Don António ben de vello e foi sempre amplo e grande. Especialmente porque os nosos pais Juan e Rosa tamén o apreciavan muito. Nisto queremos destacar o aprécio especial que lle tiña o noso pai, que non lle tiña muita simpatia ao clero, mas que sempre nos falou muito ben de don António. Vaia para toda a sua família o noso pesar pola sua perda física, e para as suas sobriñas mestras, que foran nosas estupendas alunas na Normal ourensana. Don António ficará sempre no noso pensamento e corazón. Será muito difícil cobrir o seu singular oco nas nosas parróquias de Piñor.


(*) Profesor Numerário da Faculdade de Educazón de Ourense

Te puede interesar