Opinión

Cando ós cregos escasean

Hoxe solemnidade de Pentecostés, a Igrexa celebra o día do Apostolado Seglar. Os discípulos do Señor, fai dous mil anos, cheos do Espírito Santo, de palabra e de obra, proclamaron a Boa Nova da Salvación a todos cantos quixeron escoitalos. O anuncio era breve; non chegaba a ser unha homilía de dez minutos: Cristo, que sufriu a paixón e morte de cruz, resucitou de entre os mortos e está vivo en medio de nós. El é o Salvador. Se credes a Boa Nova, salvarédesvos. ¿Cómo facer chegar esta mensaxe ás mulleres e ós homes dos nosos días? Ata fai poucos anos o sentir clerical da Igrexa coidaba que todo estaba atado e ben atado e que os sacerdotes eran os fac totum na Igrexa. Agora dámonos conta de que aquela maneira de pensar era un engano: os sacerdotes escasean, xa non damos atendido a tódolas necesidades do noso minis terio, non podemos celebrar misas en tódalas parroquias, imos vellos e tamén nos cansamos. ¿Qué facer? Non hai outra cousa que facer que poñer en valor as posibilidades do mundo dos leigos na Igrexa.


Xa vai para cincuenta anos que se celebrou o concilio Vaticano II con un decreto para ós leigos (Apostolicam actuositatem, 1965); xa se lle ten adicado ós seglares o correspondete sínodo (exhortación apostólica Fieis Cristiáns Leigos de Xoán Paulo II, 1988); xa os bispos españois ten publicado un documento que non ten desperidicio (Cristiáns Leigos, Igrexa no Mundo, coñecido no mundo eclesial por CLIM, 1991).


En todos eses documentos pídeselle ós sacerdotes que dean responsabilidades ós seglares, que os prepararen oportunamente, que os empuxen a liderar comunidades en ausencia de presbíteros, que os poñan ó frente da catequese ou dos grupos. Estes documentos tamén nos recordan ós sacerdotes que temos que dedicarnos ó noso ministerio e que temos que deixar o mundo da política, o mundo sindical, o mundo da economía como tarea específica dos leigos. Pois non; ainda non caemos na conta da necesidade de afrontar situacións novas con apostas novas.


O mellor camiño para incoporar os leigos a misión da Igrexa non é outro que o dos movementos especializados da Igrexa, o dos grupos e o das asocicións: Acción Católica, Cursiños de Cristiandade, Matrimonios de Nosa Señora, Lexión de María, Neocatecumenais, Grupos Carismáticos, Grupos de Lectura crente da Palabra de Deus (lectio Divina), Grupos Scoust, Caritas, Conferencias de San Vicente de Paúl, Matrimonios da Nosa Señora, Grupos Misionais, Grupo de Catequistas... ¡Que nos ilumine o divino Espírito!

Te puede interesar