Opinión

Os pantalóns levos eu!

Moito choveu dende que a principios dos setenta do século pasado chegou a minifalda importada do resto de Europa. Igualmente, alomenos fora da cidade onde os cambios sempre chegan máis tarde, empezaban as mulleres a levar pantalóns, moda que trouxo moitas discusión en non poucas familias. Pois os mais maiores afirmaban que os pantalóns nesa casa levávaos o home. O réxime franquista estaba chegando o seu fin e a sociedade evolucionaba deixando atrás as ríxidas normas que tiñan ás mulleres pouco menos que amordazadas. Moito cambiaron as cousas dende eses anos; moitos foron os perxuizos que pasaron ó recordo. E dende esas datas as mulleres foron conquistando un espazo merecido que veu coa súa incorporación á vida laboral e outros dereitos.

A día de hoxe, a sociedade mudou e fixoo dándolle a muller un espazo merecido. Agora, quedan ainda moitas leiras sen conquistar. Quedan moitas loitas que lidiar. Pero o máis importante, aínda sigue estando un tanto escuro. Ise é o do respecto e o dereito a non ser tomada unicamente como un obxecto de desexo carnal. Con todo, e aínda que hai forzas reaccionarias que queren recuperar normas daquel pasado, a valía das mulleres gañara paso a paso espazos de liberdade. E aqueles tempos escuros soamente quedarán na lembranza dos nostálxicos que aínda soñan con volver ós días en branco e negro daquela sociedade asfixiante das liberdades.

Te puede interesar