Opinión

OS CHAQUETEIROS

Unha cousa é evolucionar dentro do partido político o ata involucionar. O que non é de recibo e pasar da auga ao viño. Na Galicia temos casos dabondo de chaqueterismo, pro hai un caso -ao que me quero referir hoxe- nas Españas realmente de vergoña.


Trátase de un tal Jorge Verstrynge, un personaxe diño de estudio. Escomenzou a súa andaina política como secretario de Manuel Fraga en Alianza Popular. Un partido da dereita, dereita. Logo foise a Venezuela e axudou ao finado Chávez a 'construir' unha Constitución que o perpetuara no poder 'por siempre jamás'.


Mais logo voltou ás Españas e quíxose afiliar ao Partido Socialista Obrero Español, onde lle dixeron -o Alfonso Guerra- que fora 'chorar a Cangas'.


Pro cando estaba á beira de Fraga foi cando os sucesos tremendos de Vitoria, onde houbo mortos polas forzas do orde que comandaba o de Vilalba, que ata entraron na catedral alavesa. Días despois Fraga ordeou ás forzas do orde que non actuaran contra os fascistas -arxentinos, franceses e italianos- que atacaron aos carlistas causando numerosos feridos e dous mortos: Aniano e Ricardo, ante, como dicía, a pasividade da Garda Civil e dos antidisturbios, que estiveron de 'oíntes'.


Verstrynge era a mao dereita de Fraga, e agora adicase a comandar aos dos escraches, xunto con xentes de boa fe e da extrema esquerda.


É un caso de chaqueterismo diño de estudio e de vergoña pra clase política. ¡Qué cousas...!, ¿verdade?

Te puede interesar