Opinión

CHOURIZOS CON FAISÁN

Nestas Españas que se dín católicas -se volvan-; nesta partitocracia -que non democracia-, abundan por desgracia os chourizos y o faisán. Os chourizos háinos na dereita, na esquerda e nos nacionalistas. O faisán foi unha das maiores traicións que contra os vivos e mailos mortos se poido cometer nesta pel de touro chamada España.


Os chourizos abundan en tódolos partidos, mais no Partido Socialista Obrero Español alcanzou un nivel fora do común cos ERES andaluces, onde máis de mil millóns de euros -máis de 160.000 millóns das antigas pesetas- que dende Bruselas viñan prós parados andaluces foron parar aos bolsillos de pesoitas e sidicalistas afíns, que algún tiña oitenta millóns en billetes de 500 euros no colchón do seu fogar. '¡Cien años de honradez!' que dixera Felipe González, andaluz tamén, que, ao parecer, na venda de Rumasa a un amigo venezolano, forrouse.


Na dereita, que saben roubar mellor que os da esquerda ao igual que os nacionalistas cataláns, nas narices do señor Rajoy, un tal Bárcenas tamén fixo as américas, e repartiu entre algúns colegas os cartos que de donacións, ou vaia vostede a saber, sobres ben apretadiños de billetes.


O caso 'faisán' que agora está nos tribunais, trataron, ou fixeron pra ser máis exactos, de chivarse aos facinerosos de ETA que os ían deter. E xulgan a dous policías ao mando dos pesoitas. Do señorito Pérez Rubalcaba e do Zapatero, din sen se enterar (?). Eso non o creen nin os máis tolos das Españas.


¿Cómo se pode traicionar á memoria dos máis de oitocentos mortos por ETA, ás víctimas e a os españois de boa fe? ¿Cómo se pode caer tan baixo? ¿Cómo se pode utilizar a política pra traicionar ás forzas do orde que loitan, xogándose a vida, contra os facinerosos 'gudaris' que xa están nas institucións por obra e gracia de Rodríguez Zapatero?


Home, pódese ser calado e traicionar o programa electoral, como fixo o señor Rajoy, pro avisar aos terroristas de que os ían coller; a uns asasinos, que de vascos teñen o nome.


O dito, chourizos con faisán: ladróns e traidores.

Te puede interesar