Opinión

DEZASÉIS ANOS XA

Fixo 16 anos neste mes de xullo cando un comando dos facinerosos etarras secuestrou e matou a un fillo de ourensáns na localidade guipuzcoana de Érmua. Hai que recordar esta 'fazaña' dos asasinos que en nome dunha patria inventada por un iluminado, Sabino Arana, mataron a máis de 800 inocentes. O País Vasco e o conxunto de tres provincias: Álava, Guipúzcoa e Bizcaia. Un país fermoso de moi boas xentes, menos claro está, dos asasinos e quenes os respaldan.


Con José María Aznar non houbo negociación nin cedeu ao chantaxee destes facinerosos, que sí pactaron unha folla de ruta con Zapatero. ¡Faltaría máis niste incompetente!, que dixo no Senado que a 'Nación é un tema discutido e discutible'. En mala honra conseguíu ser presidente do Goberno das Españas. Zapatero e Rubalcaba fixeron o chamado 'caso Faisán', unha traición aos vivos e aos mortos por ETA. Claro que agora o PP de Rajoy dalle liberdade a un tal Bolinata, que segundo os médicos ascos estaba en estado terminal. E eí o teñen tomando viños cos amigos pra curar o cancro que padece (!). Outro engano de Rajoy aos moitos uqe leva feito ao non cumplir o que prometera na campaña electoral que o levou á Moncloa.


Quen enriba firma foi ata Faramontaos da Merca a pregar ante a tumba de Miguel A. Blanco, e na oración pedirlle que dende o Ceo -con maiúscula- perdoe tanta cobardía, xa sexa dos da dereita como dos da esquerda.


Miguel A. Blanco non é un héroe anónimo ante Deus e ante os homes cobardes que son morea. Eu, dende logo, non esquezo este crime nin os secuestros que fixo ETA, e os mortos e feridos que xalonan a súa historia.

Te puede interesar