Opinión

O ENTERRADOR

Soy enterrador y vengo de enterrar mi corazón', que cantaba o marabilloso Angelillo, que actuou en Ourense logo de chegar do exilio no Coliseo Xesteira. Era nas Españas da longa noite de pedra. Un atentado terribel en Atocha-Madrid aupou, en mala hora, a un vallisoletano-leonés José L. Rodríguez Zapatero.


E apareceu no Parlamento español presumindo de talante pra se gañar as minorías nacionalistas e de esquerdas. Capitaneaba dentro do PSOE unha corrente, 'Nova vía', que tiña de segundo de abordo a José Blanco 'Pepiño'. Escomenzou por se cargar e peneirar o seu partido de todo o que cheirara a felipismo. Ata o punto de que o Pepiño negouse a pagar as minutas dos abogados que defenderan a Barrionuevo, Vera... polo terrorismo de Estado: secuestros, asasinatos de xentes inocentes, torturas e enterramentos con cal viva.


Zapatero, pola porta de atrás, con Eguiguren, o presidente do PSOE vasco, negociaba con ETA a folla de ruta, inda que lle ofrecera a Rajoy un pacto antiterrorista que non cumpliu. O que si fixo foi propiciar con toda a oposición o Pacto do Tinell pra que ninguén en democracia tivera que apoiar ao Partido Popular. ¿Cómo se pode excluir a un partido maioritario de facer pactos co resto do abanico electoral? Iste era home que presumía de talante.


Aprendeu economía en 'dúas tardes' como llo indicara o seu colega Jordi Sevilla. Esí saíron as contas ao final, que atopouse coa caixa chea e deixou a caixa sin porta. Prometeulle aos partidos cataláns que 'o que acordaran no seu parlamento' sería refrendado en Madrid. Outra mostra de talante pero sen talento.


Apareceu como un home revanchista ao afirmar que ao seu avó fusilárano na fogueira do 36. Mais o que non dixo -pois mentía e mentía- e que o seu avó, o capitán Lozano, fusilara a centos de socialistas na revolta de Asturias en 1934 ás ordes de Franco. Claro que íl facía seu o proverbio escocés: 'É preferibel unha mentira que me favorece a unha verdade que me perxudica'. Daquela, no 1933 quen mandaba en Franco era Gil Robles como ministro de Defensa. Hai que contalo todo, pois este home, logo da desfeita a que nos levou, non se pode ir de rositas.


'Estou hoxe contente de que gañara as eleccións nos EE.UU. Barack Hussein Obama', dixo nunha improvisada roda de prensa nos pasillos do Parlamento, inda que o afro-norteamericano non puxo os pés nas Españas, pois non lle perdoou que non se levantara ao paso da bandeira dos EE.UU. no desfile na Castellana de Madrid o Día das Forzas Armadas.


Negou máis que San Pedro que houbera crise, e esí nos foi e nos vai. Non soupo vertebrar as Españas nun estado federal basado na solidariedade. E deixou a esta nación de nacións feita uns zorros. Enterrou ao PSOE que vaille costar ter un líder creíbel e facer un programa nas vellas siglas: Socialista, Obrero e Español. Ter un discurso úneco en tódalas partes.


O dito, enterrounos a todos: 'Soy enterrador y vengo/ de enterrar mi corazón', que cantaba Angelillo lediciosamente. Enterrou o que queda das Españas. E Mariano Rajoy ponlle a lápida. Outro que ben baila.

Te puede interesar