Opinión

A ERMIDA DOS REMEDIOS

Sinala La Región na súa primeira páxina do pasado luns o abandono da nosa ermida (que don Ramón María del Valle Inclán decía que ermida tiña que ser sen 'ache'). A magoa e o abandono por parte das institucións. Xa sei que houbo algunhas trabas cos propietarios, pero xa hai tempo que se resolveron. Nin a Xunta de Galicia, que o conselleiro de Cultura saiu deputado por Ourense, nin a Diputación, nin o Concello ourensán dan sinales de vida.


¿Hai algúns grupos políticos que se opoñen a que se faga un desembolso pra restaurar de novo a nosa capela dos Remedios? Si hai algún ou algúns grupos, que o digan, pra saber con que nos gastamos os cartos. Pois tanto os deputados ou os concellais cobran -como dicimos os galegos- de carallo.


Se fose pra un pazo de deportes dunha vila, xa estaría novo e de presa. E pagamos pra que a nosa cidade siga sendo, como dixera don Vicente Martínez Risco a Agüero, ese rincón fermoso entre a Ponte Vella e a capela dos Remedios. Que esta Virxen -que cambeo o mundo- é a máis ourensá de todas as devocacións ourensáns.


Poñan os deputados e mailos concellais, que din ser de Ourense, toda a carne no asador pra que os fieis, que tanto queremos a nosa Virxenciña, estea pra antes do próximo ano na súa capela. Tan fermosa ela, que escoita as plegarias que lle fan os ourensáns e as graciñas que lle dan polo milagreira que é. 'En María encontraremos el remedio que esperamos'. E moitas bágoas de mulleres e homes ante esa imaxen tan ourensán que está pedindo a berros que volva a onde endexamais deveu ser queimada.


Que inda non sabemos se foi un cortocircuito, ou unha man asesina pra coa fe que herdamos dos nosos maiores.

Te puede interesar