Opinión

¡GIBRALTAR, ESPAÑOL!

Esí berraban os xóvenes falanxistas perante a dictadura, e berrábanlle ante a embaixada do Reino Unido. O embaixador chamou o ministro da Gobernación, e este díxolle si necesitaba máis protección policial. O embaixador respostoulle: 'Non, señor ministro. O que lle pido e que non mande máis xóvenes'.


Gibraltar é a vergoña de Europa. A única colonia que queda. Menos aquelas pintadas contra a Unión do Povo Galego: 'La U, ni colonia ni champú'. Ata Curros Enríquez fixera unha fermosa poesía sobor desta vergoña. Gibraltar é un niño de contrabandistas, de paso da droga prás Españas. Elí están por riba do penedo os monos que cecais son ingleses.


Franco dixera que 'Gibraltar es una fruta madura'. Pois xa podreceu. Hai que por industrias na Liña da Concepción pra que os nosos españolitos teñan traballo e non necesiten ir tódolos días a traballar ao Peñón. E hai que apoiar aos pescadores da Liña. Pero de berrar ¡Gibraltar, español!, nada de nada, monada. Hai que plantexar o tema na ONU, en Bruxelas, reivindicando ese pedazo das Españas. E deixar os monos cos ingleses que falan un andaluz mellor que en Cádiz. ¡Qué cousas!

Te puede interesar