Opinión

'MALENI', A DOS ERE

Lembran a Magdalena Álvarez, a que foi ministra con Zapatero de triste memoria os dous? Aquela que nos ofendeo aos galegos cando dixo as catro ventos: 'Ese Plan Galicia de mierda'. ¡Que fina, que andaluza tan graciosa, que socialista tan femenina, que na súa boca nos insultou a un proxecto que planificara a dereita!


Pois agora a xuíz Ayala imputua no caso dos ERE. Si a meirande roubo acaecido nas Españas perante a democracia polo socialismo e comunismo andaluz.


Mire dona 'Maleni', que esí a chamaban seus correlixionarios. Galicia é un país fermoso onde Deus puso seus dedos nas Rías Baixas, e sempre esquecido, con xentes traballadoras e honradas. Que dende antigo tiveron que emigrar pois non había camiño para dous. E sempre explotados.


Vostede non coñece Galicia nin aos galegos. Como dixera o poeta: '¿Qué reino en España habrá / que lleve ventaja al nuestro / en fe, lealtad y cultura / nobleza, valor e ingenio?'


Non a insultarei, como vostede fixo con nosco. Somentes lle porei a última estrofa no noso hino: '? os feridos e duros, imbéciles e escuros, que non vos entenden, non'. Que teña un xuizo xusto polos ERE, e non veña a Galicia, que ofendeo.

Te puede interesar