Opinión

O PAPA DO TANGO E DO FÚTBOL

Mi Buenos Aires Querido...'. Temos novo papa que por riba de xesuita -que xa é unha garantía- e amante do tango e do fútbol. O tango interpretouno coma ningén un home nado en Francia e que se incardinou na Arxentina: Carlos Gardel. Fixo universal esta cantiga fonda. O fútbol inventárono os ingleses e xa se xoga en case todo o planeta Terra. Lembro de cando eu estudaba nos HH. Maristas na Coruña, a unha selección galega -corría o ano 45- contra o San Lorenzo de Almagro (o equipo do papa), no que xogaba de defensa xentral o exiliado Zubieta, un vasco que era unha maravilla. ¡Qué vello é un!


Santidade, hai moito que facer. Vosa Santidade sábeo mellor que quen enriba firma, un católico de fe pequena. Renovar a curia -¿lembra a Vosa Santidade cando San Francisco Javier lle dixo a San Ignacio que ía a Roma? '¿A Roma vais...?'-. Chega vostede do continente da Teoloxía da Liberación que foi mallada polos seus dous antecesores. E iso que foron asasinados irmáns da vosa Santidade: Ellacuría e Cia.


¡Ánimo Santidade!, que Xesús de Nazaret veu soltar aos presos, a liberar aos oprimidos, e dixo aquelo do camello e ollo da agulla. Bico de xeonllos seu anel e remato como escomencei: '... cuándo os volveré a ver? No habrá más penas ni olvidos'. Que Deus o ilumine e pregaremos pola Vosa Santidade. Amén.

Te puede interesar