Opinión

PEDANTERÍA OURENSÁN

Acolléndome á liberalidade de La Región quixera facer hoxe unhas poucas reflexións en relación coa Corporación Municipal. O Partido Popular gañou as eleccións pro Concello, mais como a lei esixe que hai que ter maioría absoluta para poder gobernar, esí fano nas Españas os que perden. ¡Qué cousas!


O PP está no Concello a velas vir, pois non ten outro remedio. Mentres que o PSdeG e o BNG desgobernan. E lévanse mal. No PSdeG xa dimitiu o alcalde, unha concelleira do BNG. E máis tarde dimitiron tenentes de alcalde e un director xeral, todos daquela do BNG. Que os nazonalistas non se leven moi ben cos socialistas, a pesares de formar maioría para gobernar, do PSOE non é extrano, pois tanto na Galicia como no resto das Españas andan á deriva. No BNG agora dalles polo independentismo da nosa terra, e apoian a liberdade de un secuestrador-terrorista da ETA, un tal Arnaldo Otegi. ¡Cousas veredes, amigo Sancho!


E namentras, entre dimisións e empapelamentos xudiciais, o pao vai ben, e a cobrar, que pra eso estamos os cidadáns.


Dixen ao comenzo que faría unhas poucas reflexións, e cumplirei coa miña palabra. Asemade de incompetentes e de non se levar ben os que tiñan que nos gobernar, exercen aquelo que criticara don Ramón Otero Pedrayo: 'Ourense perdóao todo menos a pedantería'. Pois aplíquense o conto e gobernen.

Te puede interesar