Opinión

SEÑOR BÁRCENAS, TIRE DA MANTA

Sí, tire da manta caiga quen caiga. Dende logo vostede é un artista: 'Nada por aquí, nada por allá', e fíxose con capital que levou a Suiza onde os nosos paisanos foron explotados pra traer uns cartiños e arranxar as súas casas ou asemade mercar algún eido máis. Nestas Españas, que xa non de 'charanga e pandereita' (M. Machado), agora o que non rouba é porque non pode. Dixo o papa Francisco que 'pecar, sí; corrupción, non'. E nestas Españas que persumían de católicas, a corrupción non deixa a ningún partido político sin se sentar no banquillo. Dende o PP, ó PSOE dos 'cen anos de honradez' (Felipe González), ata os partidos nacionalistas. Todos, señor Bárcenas, a roubar, e eso que estamos coa esa maldita crise. Se chegamos a estar nas vacas gordas, Deus nos libre.


Señor Bárcenas, tire da manta. Teña valor, porque vostede sen foder non vai quedar. Esí que fora máscaras e que a ciudadanía saiba quenes cobraron os sobres extra, mentras vostede se enriquecía a mans cheas. Tire da manta, coño, pois se non o fai creeremos que soio vostede, no Partido Popular, era o mafioso.


Ou faga vostede o que dixera unha ministra de Cultura do PSOE: 'El dinero público no es de nadie'. Por eso birlaron máis de mil trescentos millóns de euros en Andalucía.

Te puede interesar