Opinión

A VERGONZA ANDALUZA

Estanlle dando voltas e máis voltas ao 'caso Bárcenas' sobor de todo a progresía de salón. E esquécense de falar e escribir sobor o maior roubo da historia das Españas: os ERE de Andalucía, onde levan gobernando o PSOE e Esquerda Unida perto de trinta anos.


Hoxe non hai bandoleiros, os que rouban aos ricos para darllo aos pobres. O inefable Manuel Chaves dixera, cando se descubriu a historia da infamia, que era cousa de 'catro ou cinco golfos', e xa a xuiz Ayala ten imputados a máis de un cento de socialistas e sindicalistas de UGT.


Os cartos que chegaron de Bruselas pra darllos aos parados andaluces foron parar aos bolsillos dos pesoistas e ugetistas. Houbo algún destes últimos que tiña baixo o colchón da súa cama oitenta mil euros, que non os gaño eu cada día.


O Chaves, o Zarrías e o Griñán aparecen no horizonte como os máximos responsables desta vergonza na Andalucía, onde hai máis parados que nos outros pobos das Españas.


Menuda tropa os do puño e a rosa, que cando gobernaron en Madrid xa se levantaran co santo e coa esmola, pro o de Andalucía clama o ceo. Pola trama corrupta dos ERE.


O papa Francisco dixo que 'pecar sí, pro corrupción, non'. Claro que estos no van á misa e importoulle un pito o quitarlle os cartos -máis de mil millóns de euros- aos desempregados.


O Bárcenas e un mafioso, pro comparado con estes da Andalucía de María Santísima quedouse corto. Eiquí non rouba o que non pode, e os españolitos aguantamos o que nos boten. ¿Que di o Cándido Méndez, e o Fernández Toxo desta infamia? Pois están caladiños, xa que logo, viven dos nosos impostos e levan pechado máis empresas que a maldite crise?


Pobre España da 'charanga e pandeireta, de cerrado e sacristía, devota de Frascuelo e de María' (A. Machado). Inda aguantamos ben, e o que queda aos que vivan despois de nós.

Te puede interesar