Opinión

‘Invictus’, unha plegaria á tolerancia

Más allá de la noche que me cubre/ negra como el abismo insondable,/ doy gracias a los dioses que pudieran existir/ por mi alma invicta./ En las azarosas garras de las circunstancias/ nunca me he lamentado ni he pestañeado./ Sometido a los golpes del destino/ mi cabeza está ensangrentada, pero erguida./ Más allá de este lugar de cólera y lágrimas/donde yace el Horror de la Sombra,/ la amenaza de los años/ me encuentra, y/ me econtrará, sin miedo./ No importa cuán estrecho sea el portal,/ cuán cargada de castigos la sentencia,/ soy el dueño de mi destino/ soy el capitán de mi alma.


(Invictus)


Este magnífico poema, polo que significa, escrito por William Henley durante os anos que pasou na enfermería de Edimburgo con tuberculose e que lle serviu a Nelson Mandela como esperanza e antídoto durante os 27 anos que estivo na cadea é o fío conductor da película que Clint Eastwood remata de adicarlle á figura da Nelson Mandela. Xuntar nunha película os nomes de Nelson Mandela, Clint Eastwood, Morgan Freeman e Matt Damon xa é unha boa motivación para ir a vela, pero se ademais engadimos o nome de John Carlin, quen coma corresponsal do ‘Independent’ coñeceu ao líder sudafricano e viviu o derradeiro ano do apartheid e o famoso partido de rugby que Mandela empregou para unir ao país, feito que tan magníficamente plasmou no seu libro ‘El factor humano’, xa resulta imperdoable non coller unha bolsa de palomiñas, tirar unha entradiña e sentarse na butaca coa mente despexada de interferencias e observar...


Teño que recoñecer que hoxe non podo ser obxectiva. Profunda e incondicional admiradora da figura de Nelson Mandela, un dos iconos da loita polas libertades no século XX, pragmático, valente e realista..., que soubo ver que os inimigos non eran os brancos senon o rexime de apartheid que estes impuxeran; que soubo transformar odios integrando sen divisións a brancos e negros nun mesmo país. Que soubo sumar cando o máis doado era restar e dividir.Que soubo conseguir que desapareceran as loitas tribais entre a poboación negra. Que soubo sobrevir a 27 anos de cadea sen odios , sen rancores, sen desexos de vinganza. Que apesares de chegar ao poder por maioría absoluta (dous tercios dos votos) soubo ver que unha cousa era gañar e outra moi distinta gobernar. Que soubo respetar e ‘tenderlle a man’ aos que o acusaron de terrorista, aos que o querían ver morto, aos que escravizaran ao seu pobo. Que soubo rematar con anos de tensións, discriminacións, humillacións e persecucións. Que nos trasmitiu que a loita contra as inxustizas non está nas armas senón na palabra. Non podo ser obxectiva porque é unha das poucas persoas que analizando a súa traxectoria pública me pode producir envexa, ‘envexa’ de non atopar hoxe por nengún lado un líder coa visión de futuro que el tivo. En palabras do arzebispo Desmond Tutu: ‘O sufrimento pode crear amargura, pero tamén pode ennoblecer. Foi unha gran sorte para nós que isto último pasara con Mandela’. E é precisamente nese ser humano excepcional no que se centra a película dun dos mellores contadores de historias, Clint Eastwood. Cun Morgan Freeman brillante, coma sempre, no papel de Nelson Mandela e Mat Damon coma Francois Pienaar, o capitán do equipo de rugby. Xuntos buscarán dar unha lección de pacificación e unidade. O resultado, unha película emotiva, simple que sen ser das mellores do xenial director está ben contada, correcta nas formas e que consegue o que o director pretende, remover as nosas conciencias meténdonos de cheo na historia e devolvéndonos a fe no ser humano. Para ver, e sacar a moralexa ou moralexas que cada quen vexa.

Te puede interesar