Opinión

MIGUEL HERNÁNDEZ

Tristes guerras /si no es amor la empresa.


Tristes. Tristes.


Tristes armas si no son las palabras


Tristes.Tristes


Tristes hombres si no mueren de amores


Tristes. Tristes.


('Tristes guerras'. Miguel Hernández)




O sábado cumpríronse cen anos do nacemento de Miguel Hernández, un dos símbolos dos anos máis dramáticos da nosa Historia reciente.Do poeta que se definía a si mesmo como 'pastor, oficio de deuses paganos e heroes bíblicos'. Do home que tivo que sufrir a crueldade dun pai incomprensivo que despreciaba a cultura .Do poeta que odiaba a pobreza, causa da opresión e a incultura do seu país. Do home que morreo na cadea, culpable segundo as súas propias palabras de 'non calarme nen calar os sentimentos que manan da alma'. Do poeta de voz ferida, ferida polas dificultades nas que estivo mergullado dende cativo. Do home víctima do revanchismo e a vinganza aos que tódalas guerras conducen contra quenes se atreven a pensar diferente. Do poeta apaixonado, reflexivo, espontáneo e orixinal que canta coma ninguén ao amor e á dor. Do home que sufriu as cárceres franquistas. Do poeta que foi despreciado por algúns dos seus compañeiros tamén poetas que o acusaron de ser 'un cabrero al fin y al cabo', 'sin formación académica', 'poeta demasiado raro'? Do home que cando os seus amigos lle pediron que fixera un xesto a favor do réxime para poder saír da cadea el escribiu: '¡Me parece increíble que esos viejos amigos no me hayan conocido mejor! ¡Que hayan venido a verme para hacerme pretensiones deshonestas, como si Miguel Hernández fuera una puta barata!'. Do poeta que reflectiu cuns versos breves, fortes e profundos a súa triste realidade e o seu compromiso social e ideolóxico.Do home, que segundo se conta, 'non pudieron pecharlle os ollos'.


O sábado rematei a lectura dun libro, 'Mala Luna', de Rosa Huertas. Unha novela para xóvenes lectores e recomendable para non tan xóvenes. Os seus protagonistas, dous estudiantes dun instituto de Orihuela, Clara e Víctor, unidos polos seus avós, protagonistas dunha historia de odios e enemizades, de lealdades e traizóns. Nembargantes para estes xóvenes de hoxe esta historia non só lles servirá para acercarse á vida e á obra de Miguel Hernández, senón que lles servirá para un diálogo interxeneracional sobre unha época da nosa historia á que aínda nos custa achegarnos sen complexos e sen tabús. Serviralles para comprender que os conflictos rematan cando somos capaces de comprender e tender a man, cando nos decatamos de que todos temos as nosas luces e a nosas sombras, e que a vida consiste en aprender a convivir con elas. Serviralles para chegar a entender o significado de palabras coma dignidade, soledade, amizade, rancor, envexa,? E serviralles para comprender que a tan manida 'Memoria histórica' é para eles, para que se enfronten ao seu pasado non con vinganza senón con memoria, para que se decaten de que foi un tempo cheo de personaxes que sufriron e que en realidade non houbo gañadores nen perdedores porque todos foron perdedores, todos tiveron a mala sorte, como decía o poeta, de haber nacido en 'mala luna'.


No mes de decembro terá lugar en Santiago o Foro 2010 (Foro Mundial de Educación e tres congresos máis). Nel asistiremos á presentación en Galicia da particular homenaxe que o cantautor andaluz, Paco Damas, lle fai a Miguel Hernández co seu traballo 'Tristes Guerras' que ten como tema central e fío conductor o poema que encabeza este artigo.O disco, que musicaliza 12 poemas pouco coñecidos do poeta, constitúe un paseo sonoro pola súa obra con ritmos cotemporáneos: rock, fado, folk?, Pero sobretodo é un canto á tolerancia. Ogallá que este centenario á marxe de oportunismos varios, aspecto habitual nestes acontecementos, contribúa a transmitirnos que a lembranza, o recoñecemento e a búsqueda da verdade non son vinganzas. Non en balde a historia é a ciencia da memoria.

Te puede interesar