Opinión

Sensibilidades feridas

Fire a miña sensibilidade que haxa españois que non poidan pagar o aluguer, o recibo da luz, da auga ou mercarlle un xoguete aos seus fillos L eo no suplemento dun diario nacional un deses resumos anuais no que o autor define ao ano que acaba de rematar coma o ano das ‘sensibilidades feridas’. Nel faise un repaso de todas aquelas cousas que foron obxecto de ‘controversia’ entre os españois por mor do que eles consideraban que fería a súa sensibilidade. De súpeto unha dúbida espantosa apodérase de min, ‘serei marciana?’. A medida que sigo lendo a dúbida de non pertencer ao homo sapiens sapiens e a angustia e o desacougo que isto me produce vai medrando. Remato de ler, quedo queda un anaquiño e penso que nada diso (problemas lingüísticos artificiais, crucifixos, relixións, estatutos de autonomía...) fire a miña sensibilidade. Si, debo ser marciana.


Fire a miña sensibilidade que para non ferir a sensibilidade de algúns se fira a de outros; fire a miña sensibilidade a incongruencia, a falta de respeto aos outros, a violencia xeralizada...; fire a miña sensibilidade os miles de españois que remataron o ano sen un posto de traballo; fire a miña sensibilidade que haxa españois que non poidan pagar o aluguer, o recibo da luz, da auga ou mercarlle un xoguete aos seus fillos; fire a miña sensibilidade que os nosos rapaces e rapazas sexan os últimos en tódalas estadísticas educativas europeas; fire a miña sensibilidade que no rural ourensano medren os xeriátricos e pechen os colexios; fire a miña sensibilidade que no meu pobo ao igual que nos seus pobos falten servizos básicos e fundamentais para o mundo de hoxe, como ADSL; fire a miña sensibilidade que nos leven dito durante todo o ano que somos pobres e, o que é peor, a constancia de que o somos; fire a miña sensibilidade que a desnutrición estea matando a miles de nenos no mundo; fire a miña sensibilidade que se acepte a pobreza como se fose un costume; fire a miña sensibilidade os millóns de euros que se destinan a industria militar mentras cada minuto morren quince personas de fame; fire a miña sensibilidade os millóns de nenos e nenas que se atopan en situación de escravitude, sometidos a traballos forzados, tráfico de persoas, abusos sexuais, prostitución e pornografía; firen a miña sensibilidade os millóns de personas víctimas de enfermidades coma a malaria, a tuberculose, a sida...; fire a miña sen sibilidade que os elevados prezos deixen fóra do mercado farmacéutico ao 85% da poboación mundial; firen a miña sensibilidade os políticos corruptos e as corrupcións de todo tipo; fire a miña sensibilidade...


Comento cuns amigos toda esta desazón e inquietude que me produciu constatar que son marciana e un deles dime que estou trabucada, que estou a confundir sensibilidade con sensiblería. E aclárame, que en realidade o valor da sensibilidade é a capacidade que temos os seres humanos para percibir e comprender o estado de ánimo, o xeito de ser e de actuar das persoas, así como a natureza das circunstancias e os ambientes, para actuar correctamente en beneficio dos demais. En troques, a sensiblería constitúe un sentimentalismo falso, trivial, finxido e esaxerado, dime o meu amigo. O meu amigo si que pensa! Vaia, vaia, entón ao mellor xa non son marciana. Pero, de súpeto penso, son eu a sensible ou son os españois do artigo que remato de ler?, ao mellor, eu son a sensibleira! E se en vez de marciana son mutante? Que lea! E que cansino é isto de pensar!, por algo alguén dixo que ‘pensar es el trabajo más difícil que existe. Quizá sea esta la razón por la que haya pocas personas que lo practiquen’. Ogallá que as Súas Maxestades os Reis de Oriente que todo o poden porque son máxicos nos traian a todos un pouquiño desa facultade de pensar que constitúe o raciocinio.



Te puede interesar