Opinión

SOMALIA

Hoy tengo la gripe,/ pero no me duele la espalda./ Hoy sólo me duele la mirada/ de ese niño somalí./ Es un niño que no tiene nada./ Niño sin juguetes, sin comida,/ sin agua./ Estuve allí,/ y le dije al niño somalí:/ Te traigo unos cuentos./ y el niño me dijo con la mirada:/ -Yo no estoy para cuentos/ ni para nada./ Hoy tampoco estoy para versos/ porque me duele la mirada/ de ese niño de Somalia./ Es un niño que sólo tiene moscas/ en los ojos y en los labios secos/. (Son de esas moscas/ que sólo pican a los muertos).

(Gloria Fuertes)


Jacinto Benavente na súa obra 'Los intereses creados' pon en boca dun dos personaxes, Crispín, a seguinte afirmación: 'Mejor que crear afectos es crear intereses'. Penso nesta afirmación cando escoito e vexo estes días na 'tele-realidade' as novas que nos chegan de terras africanas por mor do que está a pasar en Somalia. Verán, estou abraiada. Probablemente debido a miña xa tantas veces manifesta inxenuidade, non remato a comprender todo o esperpento mediático que estes días se manifesta en tódolos medios de comunicación en xeral e en todos nós, en particular. A miña sorpresa nace ao comprobar que ata o de agora só falabamos de Somalia para falar de piratas e secuestros, cando en Somalia a xente morría. Morría de enfermidade, de fame e por mor dunha guerra. E é que neste país, gústenos ou non, hai unha guerra de hai vinte anos entre varios 'señores da guerra' que fixeron da súa loita civil un lucrativo negocio e radicais islamistas. Somalia é un país sen Estado, dividido en tres rexións e nunha enchenta de grupos armados que pelexan polos restos dun Estado que non existe.

Recoñezo que a imaxe de nenos morrendo é estremecedora, pero nenos coma estes morrían xa hai tempo, morrían cando en 1993 tras unha crise coma de agora se nos transmitía o espectáculo dos soldados estadounidenses desembarcando nas praias de Mogadiscio naquela pomposa misión chamada 'Voltar a esperanza' e cuxos resultados vostedes mesmos poden xulgar á vista do que ocorreu despois. Morrían, mentras EE.UU. empregaba os alimentos como arma de guerra na súa loita privada contra os combatentes islamistas de Shahab para deste xeito destruir a súa base social (para comprobar esta afirmación recoméndolles consultar a información que os propios funcionarios de Nacións Unidas facían para Black Agenda Repor hai tan só un ano).


Morrían, mentras tódolos organismos internacionais miraban cara outro lado e os gobernos occidentais, incluido o español, gastaban millóns de euros para protexer a uns barcos que expoliaban os bancos pesqueiros somalís. Morrían, mentras nós, nos nosos fogares, esperabamos a que algo axitara as nosas conciencias...


Agora, asulagados coa febre da solidaridade e chamadas de emerxencia, xa podemos darnos unha ducha de boa conciencia, pero non nos enganemos, o problema de Somalia, ao igual que o de outros moitos países, non pasa polo camiño da esmola. Vicente Ferrer, que disto creo que sabía algo, dixo nunha ocasión: 'La limosna es el único modo de fomentar, mantener y aumentar la pobreza. Para solucionar los problemas del mundo empobrecido hace falta ver las cosas y a los otros con los ojos del corazón, hace falta un sentimiento de fraternidad, de sentir la empatía por los otros'. Que afastado estaba Vicente Ferrer do personaxe Crispín! Como de afastado estaba de nós?...

Te puede interesar