Opinión

¡Aí ven o Entroido!

Que xa ben, meu amor o Entroido. ¡Velahí ven! Cos bigotes espesos, coas cellas gordas, co nariz encarnado e as orellas desabrochadas. A boca, un buzón, e o pelo palla pero en todos a risa, o axoúxere que nos soa cos pasos. Por sempre o entroido que rí a cachón, que vive o seu mundo burlón ou burlado (non sei se difiere moito do mundo real), o seu teatro de bufóns e paiasos, o seu carrusel de feos e malfeitos. Deixémolo que chegue, que abra as portas do mencer máis longo, aquel co que soñamos, arreo para ser mellores e máis guapos, máis ricos e máis famosos, máis listos e poderosos. Aquel que se debanea nos vestidos de cores estridentes, con corpos deformes e de liñas antiestéticas, aquel que saiba amosar debaixo das limpidas medias de cristal os pelos máis negros, os da ‘señorita’ de feminidade envexable que deixe ver baixo o brillante rielar dos labios seductores unha barba pecha. ¡Eses contrastes! ¡Ese clásico do home que se fai muller por unha tarde! Eses disfraces, meu Ourense, sinxelos pero atrevidos, rompedores, creativos como es tí, cidade de artistas.


Ese, o noso Entroido, tradicional de Xinzo-Verín -Laza tamén- e o teu, que balbucea ainda buscando unha identidade, o teu, pequena cidade das Burgas, ¡que parece que ainda non atopaches o sitio!, o teu, con trapos vellos ou brillantes rasos, pero coa risa máis fermosa do teu corazón alegre. Ese é o Entroido, o que poñas por fora só e un aderezo, pero a risa é a luz, o espíritu que buscas e buscamos en cada disfraz.


¡Vivamos todos esta festa máxica!

Te puede interesar