Opinión

Benedetti: un home de palabra

O poeta lanzou o seu verso máis primixenio e foise. Nun suspiro deixouno todo e entregouse ó todo que en todo momento nos envolve. E marchou cun poema na boca, outro na alma e outro no corazón, a tríada que pecha a porta que abre a chave do espírito. Voar. ¿Quizáis é voar a esencia suprema que busca a palabra? Pois a dil voou, primeiro, de un a un de nós, namorados fervorosos da vida e das distancias, e creémolo cando nos dixo aquel poema que ensinaba a bailar sen ter que estar arazados: ‘si te quiero es porque sois/ mi amor, mi cómplice y todo/ y en la calle codo a codo/ somos mucho más que dos’.


‘Mucho más que dos’. El soíño escribiu 80 libros de poesía, novelas, contos, ensaios, guións de cine... Na última publicación, ‘Testigos de uno mismo’, probablemente indagaba ‘en ese hombre que siempre va conmigo’, querendo dar a súa resposta ás súas preguntas máis internas, dende adentro,buscándose. A morte veulle cando baixou ó máis fondo é profundo do seu ser, no seu espacio-tempo máis persoal, e deixou inacabada esta ‘biografía para encontrarme’. ¿E que para atoptarse hai que subir ás estrelas? De tódolos xeitos,déixanos dito que ‘la poesía es un drenaje de la vida que enseña a no temer a la muerte’, e nós volvémolo crer porque era un home de palabra.



Te puede interesar