Opinión

Benvidos ó teatro

Benvido o teatro ás nosas rúas, ese que nos alegra, que nos fai reflexionar, ese que nos conciencia, o que nos pon en contacto directo co ‘animal político’ que somos, pois o teatro non só abre as portas da emoción, senón tamén as diferentes visións que poden formar a nosa casa. Por eso hai sempre mil xestos, mil expresións en cada cara, mil intencións, mil cadencias en cada voz, mil bagoas en cda ollo que explora entre o ben e o mal e observa como a dor e a alegría poden cear xuntas na mesma mesa e despois tramar traizónms, ou engaños que levan ó desengano, ou comer en mesas separadas e chegar á complicidade máis honesta. Pode o amor trocar en odio, e o odio destrozarse a si mesmo por amor. Pode o temor subir ó monte empinado máis escuro. E a valentía ter que calar e ceder para vencer, porque a vida meu ben, é teatro, e dende que o mundo é mundo debaneámonos neste escenario, neste guiñol de marionetas de fíos invisibles que repiten a través dos anos ó mesmo guión.


Te puede interesar