Opinión

Un libro e unha rosa

Cando abrimos un libro sempre hai un encontro esperado e desexado, unha conversa constructiva.Semella que cada folla son as mans dese amigo que quere acompañarnos no noso camiño hacia o coñecemento. Ábrense as portas dun libro e entramos nel nós, escolares eternos, co respecto que amosamos ante os grandes mestres. Nada -nin o ordenador nin o cine- consegue restarlle o libro esa maxia que desprende o seu tacto ó tocalo o seu aroma característico de natureza reciclada para ben da sabedoría, esa atmósfera, ese recordo que nos traslada a aquela infancia na que estreamos a libreta das pastas azuis á que estabamos desexando estamparlle o noso nome con maiúsculas de cores e letras artísticas… Nós, aprendices de todo. Abrir un libro é como abrir unha ventá e mirar, ver contemplar, oir escoitar e sentir. Ofrece todo sen pedir a cambio, e se non o entendes ou non o abarcas, sabe esperar a que un día volvas ti máis versado e maduro a el, que te agardou paciente naquel anaquel de po, no que xa parecía esquecido.

Aí está outra vez, dándolle alimento ás túas ansias de saber, de aprender entregándoche a flor que leva prendida o peito para ti, porque a mereces por atendelo e analizalo, por ser ese cómplice silencioso que lle da sentido ó poder da comunicación, ó poder da palabra, por ser transmisor dese lazo de luz que pon en contacto directo ó lector co autor ainda que este xa non viva, e a quen lle estás concedendo o don da inmortalidade. Por todo eso, amigo lector, ben mereces esta rosa que leva o candor do corazón.

Te puede interesar