Opinión

Magosto

Salta comigo, mociña, o lume da fantasía, que xa chegou o San Martiño ó noso Ourense. Canta comigo, mozo garrido, e lanza un aturuxo tan alto que lle conte ás estrelas que estamos de festa. Que xa quenta o viño novo os nosos ledos corazóns, e as castañas estralan entre brasas soltando foguetes de azul.


Que se contaxie o bo humor, que ría a risa, que dancen as persoas e se enlacen as mans! Que regalen os teus ollos a chisma máis viva, esa que como lazo feiticeiro nos ate ó círculo máxico arredor do magosto. Que celebras esta festa porque queres ser luz, e hipnotízate o lume porque es pura paixón, móvese a alma porque buscas o ritmo primixenio que chega ata ti dende os lonxanos rituais dos ancestros. Bica a vida e disfruta da festa, que o tempo que existe é o presente, o sol que te aluma procede do alén. Así que se ti estás preparado, xa o temos todo!

Te puede interesar