Opinión

Manuel Garrido Valenzuela

Máis que merecido! Noraboa ó grupo de voluntariado de ‘Axuda en acción’ por concederlle o premio ‘Solidario do ano’ ó doutor Manuel Garrido Valenzuela. Este home -que non hai dúbida ningunha entrou na medicina por verdadeira vocación- sabe sobradamente que parte da curación do paciente depende tamén do seu trato amable, da súa agradable palabra, e da súa cálida acollida. El ten moi claro o que ten ante el, porque, probablemente, antes de todo esto, ten conciencia de si, sentido do ben, da bondade e da grandeza que traspasa fronteiras, por eso pode ter sentido dos demáis, de aí o seu labor humanitario, o seu altruismo e gran poder da solidariedade, ou da compaixón, ou da esperanza... ¡Qué máis ten! pois para el seguro que todo forma parte dese todo que se chama entrega e que o empuxa a darse cando ve un neno humilde, pobre, enfermo.


En Bolivia encontra esas nenas que xa son nais arredor das que xiran cinco ou seis fillos (¡ou máis!) desexando a pronta recuperación para os que ten maliños, ou case unha sanación milagrosa moitas veces.


A primeira vez que atendeu ó meu fillo, e vin o bo home asomando nos ollos, a súa complicidade cos nenos, a súa mirada de cristalina humildade, recordoume ó doutor Gallego. E comprendín que hai seres especiais e que se nos concede un regalo cando os temos cerca.


Querido doutor, nesta tardiña de outono agradecémoslle ese seu compromiso coa infancia, coa boa obra, coas causas nobres, esa súa fermosa maneira de celebrar cada día cunha misión, cun poema humano, cunha canción de ilusión. Nesta tardiña de outono caen as follas pausadamente cos seus dourados reflexos, recordándonos que hai seres que son baladas de eterna primavera, esencias de vida.


Benvida toda homenaxe ó doutor Gallego e noraboa polo reconecemento ó doutor Garrido.



Te puede interesar